Kucumbu Tubuh Indahku é un filme indonesio de 2018 rodado en lingua xavanesa, dirixido por Garin Nugroho e producido por Ifa Isfansyah. Conta a historia dun bailarín da tradición Lengger, e explica como se introduce nesta arte e como descobre a súa propia identidade. Baséase libremente na vida do bailarín Rianto; Rianto tamén protagoniza o filme. O resto do elenco está composto por Muhammad Khan, Sujiwo Tejo, Teuku Rifnu Wikana, Randy Pangalila e Endah Laras.
Foi escollido como candidato de Indonesia para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Muhammad Khan como Juno Raditya Evandra como Juno de pequeno Rianto como o bailarín Sujiwo Tejo como o instrutor de Lengger Teuku Rifnu Wikana como o rexente Randy Pangalila como o boxeador Whani Dharmawan como o warok Endah Laras como a tía de Juno Dwi Windarti como o mestre de baile
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua xavanesa Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes dirixidos por Garin Nugroho Categoría:Filmes rodados en Indonesia Categoría:Filmes ambientados en Indonesia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Indonesia