Thunderheart é un filme estadounidense de 1992 dirixido por Michael Apted a partir dun guión de John Fusco. O filme baséase vagamente nos eventos da ocupación de Wounded Knee en 1973,Maslin, Janet (3 de abril de 1992). Thunderheart (1992) . The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2011. cando os seguidores do American Indian Movement se apoderaron da cidade de Wounded Knee, en Dacota do Sur en protesta contra a política do goberno federal con respecto aos nativos americanos. Na trama do filme incorporouse o personaxe de Ray Levoi, interpretado polo actor Val Kilmer, como un axente do FBI con herdanza síux que investiga un homicidio nunha reserva nativa americana. Sam Shepard, Graham Greene, Fred Ward e Sheila Tousey compoñen o resto do elenco. Tamén en 1992, Apted dirixira previamente un documental sobre un episodio de activistas nativos americanos que implicaba o asasinato de axentes do FBI titulado Incident at Oglala. O documental relata a acusación do activista Leonard Peltier durante un tiroteo en 1975 na reserva india de Pine Ridge.
Personaxes miniatura|190px|dereita|O actor Val Kilmer que interpreta o axente do FBI Ray Levoi.
Val Kilmer como axente do FBI Ray Levoi Sam Shepard como axente do FBI Frank 'Cooch' Coutelle Graham Greene como Walter Crow Horse Fred Ward como Jack Milton Fred Thompson como William Dawes Sheila Tousey como Maggie Eagle Bear Ted Thin Elk como avóm Sam Reaches John Trudell como Jimmy Looks Twice Julius Drum como Richard Yellow Hawk Sarah Brave como avoa Maisy Blue Legs Allan R.J. Joseph como Leo Fast Elk Sylvan Pumpkin Seed como Hobart Patrick Massett como axente do FBI Mackey Rex Linn como axente do FBI Brian A. O'Meara como axente do FBI Candy Hamilton como mestre de escola David Crosby como camareiro
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Claypoole, Antoinette Nora (2013). Ghost Rider Roads: Inside the American Indian Movement . Wild Embers Press . ASIN 1475048580.
Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua lakota Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michael Apted Categoría:Filmes producidos por Robert De Niro Categoría:Filmes producidos por Jane Rosenthal Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes rodados en Washington, D.C. Categoría:Filmes rodados en Dacota do Sur Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre nativos americanos Categoría:Reserva india de Pine Ridge