A avenida de Europa é unha vía urbana de Vigo que conecta a circunvalación da VG-20 a altura de Coia coa praia de Samil.

Historia A construción da avenida data do ano 1980, coa fin de unir o centro da cidade coas praias de Samil e o Vao como vía alternativa á avenida da Atlántida. Nesas datas, España viña de se adscribir á Unión Europea. É por iso que a avenida foi denominada como tal.

Antes da construción da avenida, a contorna era fundamentalmente rural, con vivendas unifamiliares e terreos de minifundio. Coa construción do vial construíronse as primeiras urbanizacións, que alternaban vivendas unifamiliares de tipo chalé con edificios. Ditas urbanizacións supuxeron a creación de rúas perpendiculares á avenida, que recibiron nomes de microtopónimos da contorna, como Cerqueiro, Pereiras ou Lourido. Patrimonio

Ao final da avenida, xunto á praia de Samil, sitúase a escultura O rapto de Europa, de Juan Oliveira Viéitez. A figura simboliza o rapto da princesa fenicia Europa, que segundo a mitoloxía grega raptou o deus Zeus transformado en touro. A princesa porta na man a bandeira da Unión Europea. O Rapto de Europa na páxina do concello.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Miguel Ángel Martínez López. Historias sociais, urbanas e mediáticas do Casco Vello de Vigo. Castrelos 9-10 (1996-1997). 313-338 Outros artigos Praia de Samil

Categoría:Avenidas de Vigo