O centro penal de Monterroso é unha prisión situada no concello de Monterroso, na provincia de Lugo.Centro Penitenciario de Monterroso - Lugo Atópase no lugar da Vacaloura, na parroquia de San Miguel de Penas, a uns seis quilómetros do centro da vila.Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso Dende decembro de 2021, o seu director é Félix Rodríguez.
É un dos cinco centros penais que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar) e o CP de Teixeiro (Curtis). Ten capacidade total para 350 persoas, mais ten unha ocupación real media de 460 persoas.
Historia e características Inaugurouse en 1982. Ten unha superficie construída de 41 029 m2 e unha superficie do terreo de 120 000 m2. Conta con 328 celas e 78 celas complementarias.
Notas
Categoría:Monterroso Monterroso