miniatura|250px|Estatua de María Pita. O monumento a María Pita é unha estatua creada polo escultor José Castiñeiras Iglesias dedicada a María Pita e que preside a praza homónima da cidade da Coruña, mirando para a casa do concello. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.«Volvería a hacer la estatua de María Pita con el mismo estilo»
Descrición A obra, fundida en bronce, representa a heroína empuñando a lanza coa que matou o alférez inglés, o irmán do almirante Francis Drake,Armesto, Victoria (1971) Galicia feudal p. 14. Editorial Galaxia. mentres suxeita coa outra man o corpo sen vida do seu marido, Gregorio de Racamonde. A altura total da obra é de 9,31 metros, composta por unha plataforma de chanzos de 45 cm, un pedestal de 5,56 metros e unha escultura de 3,30 metros. O seu peso é de 30 toneladas.Praza de Mª Pita, na páxina web do concello da Coruña
No pedestal atópase un pebeteiro cunha chama prendida durante todo o día e apagada dende as tres ata as sete da madrugada. A chama simboliza o carácter liberal da xente da Coruña.
Historia No proxecto de urbanización da praza de 1872 recollíase unha proposta para erguer unha estatua a María Pita, o que foi aceptado polo concello o 9 de setembro do mesmo ano. O 6 de xuño de 1875 propúñase colocar unha fonte monumental. Finalmente, no proxecto de Juan de Ciórraga do 6 de febreiro de 1888, aínda que observando que era posible instalar unha estatua ou unha fonte, preferíase un espazo aberto ou un gran farol no centro debido á falta dunha gran praza na cidade para "manifestacións e xúbilos públicos".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Galería de imaxes de esculturas da Coruña
Categoría:Escultura de Galicia Categoría:A Coruña Categoría:Obras escultóricas