Zīr-e Derakhtān-e Zeytūn (en ) é un filme iraniano de 1994 escrito, producido, editado e dirixido por Abbas Kiarostami. É a última parta da triloxía de Koker de Kiarostami, cuxa trama, ambientada no norte de Irán devastado polo terremoto, xira arredor da produción da segunda película; Zendegi va digar hich, que á súa vez é unha revisitación da primeira parte da triloxía, Khane-ye dust kojast.
Como gran parte da obra de Kiarostami, Zīr-e Derakhtān-e Zeytūn está filmado dun xeito naturalista; é un estudo complexo do vínculo entre a arte e a vida, e a súa narrativa adoita esvaer os límites entre a ficción e a realidade. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Elenco Hossein Rezai Farhad Kheradmand Mohamad Ali Keshavarz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes dirixidos por Abbas Kiarostami Categoría:Filmes ambientados en Irán