miniatura|Tramo galego do camiño portugués. Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa. A cidade de Pontevedra, punto central do camiño, é a capital do Camiño Portugués en España.
A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui."El Camino Portugués conquista Europa" (La Voz de Galicia, 26.12.2013). Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016,Fronte estas cifras, a Deputación de Pontevedra achega outras notablemente superiores: "Atrajo el año pasado a más de 50.000 peregrinos ... el 20% de todos cuantos caminan a la capital de Galicia" ("El auge del Camino Portugués activa un novo plan para afianzar la ruta en doce municipios" (La Voz de Galicia, 28.05.2014). fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total).Aínda así, a Deputación de Pontevedra destaca o feito de que puntualmente, nalgunhas datas concretas, os peregrinos do portugués xa superan ós usuarios do francés: 454 fronte a 452, o 27 de abril de 2014 (La Voz de Galicia, 24.05.2014). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).
Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros."Destinan un millón de euros a mejorar el estado del Camino Portugués" (La Voz de Galicia, 5.08.2014).
Itinerarios miniatura|Igrexa da Virxe Peregrina en Pontevedra. O Camiño Portugués da costa nace en Lagos, e pasa por Aljezur, Odemira (con posible desviación por Ferreira do Alentexo), Cercal, Santiago de Cacém, Grândola, Alcácer do Sal e Setúbal, para chegar a Lisboa.
Desde Lisboa continúa cara Coímbra (a onde se pode chegar directamente ou desviándose por Sintra e Alcobaça, para visitar os mosteiros destas dúas localidades) pasando por Santarém, Golegã, Tomar e Figueiró dos Vinhos. Unha vez en Coímbra, o Camiño podía coller cara ao noroeste, por Águeda, Pedroso e Porto; ou desviarse ó nordeste, cara a Lamego (onde enlazaba coa ruta do interior) e Chaves.
Desde Porto podía coller cara á costa ata Póvoa de Varzim, Viana do Castelo e Caminha, para seguir ata Valença (ou cruzar a ría cara á Guarda); ou ben coller cara a Barcelos, Ponte de Lima e Valença, onde cruza o Miño e entra en Galicia por Tui.
En Barcelos xorde unha variante que vai a Vila Nova de Cerveira, onde cruza o Miño e pasa por Goián, Tomiño, Gondomar, Vigo e Redondela, onde se une ó Camiño de Portugal oficial. A esta alternativa denomínase Camiño de Portugal do Norte, porque pasa a carón do santuario portugués de Nossa Señora do Norte. Aínda existe outra variante máis que leva desde Barcelos a Lanheses, Vila Nova de Cerveira e Valença.
O Camiño Portugués do interior, tamén chamado Camiño Central, foi o utilizado pola raíña Santa Sabela de Portugal na súa peregrinación a Compostela en 1326. Nace tamén na costa do Algarve, en Faro, e ascende máis ou menos paralelo á fronteira con España, pasando por Almodôvar, Castro Verde e Beja; pouco antes desta última localidade enlaza cunha variante que ascende desde Tavira, tamén na costa. Logo segue cara a Reguengos de Monsaraz, Évora, Estremoz, Crato, Alpalhâo (onde enlaza outra variante que vén desde Ferreira do Alentexo, que xa vimos na ruta da costa), Castelo Branco, Fundão, Guarda, Trancoso, Moimenta da Beira e Lamego, na beira sur do Douro. Ata Lamego chega unha variante desde Coímbra, pasando por Viseu.
A partir de aquí, os peregrinos poden coller cara a Chaves para entrar en Galicia por Verín e enlazar coa Vía da Prata en Ourense; ou ben coller cara a Amarante, Guimarães e Braga, para enlazar coa ruta da costa en Ponte de Lima e entrar en Galicia por Valença e Tui. Tamén, desde Braga, cabía a posibilidade de entrar en Galicia por Celanova ou A Caniza.
A partir de Braga, o Camiño coincide basicamente coa vía romana XIX, que ascendía desde esta localidade (Bracara Augusta) ata Astorga (Asturica Augusta), pasando por Tui, Pontevedra, Caldas e Iria Flavia.
miniatura|Placa da rúa da Santiña, no Burgo (Pontevedra). Unha vez en Galicia, a ruta oficial do Camiño Portugués ascende desde Tui cara ó norte a través do Porriño, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis e Padrón, para chegar finalmente a Santiago. As outras rutas, que acceden por outros puntos da fronteira, terminan confluíndo antes ou despois con esta ruta principal.
No ano 2014 abríronse dúas rutas alternativas que parten de Pontevedra cara ó Salnés."La masificación del Camino abre las puertas a las rutas de O Salnés" (La Voz de Galicia, 9.03.2014); "Los cuatro caminos de O Salnés" (La Voz de Galicia, 20.04.2014). A primeira é a Variante Espiritual, que percorre os mosteiros de Poio e Armenteira e enlaza en Vilanova de Arousa coa Ruta do Mar de Arousa, para dirixirse desde aí en barco a Pontecesures.
A segunda é a Ruta do Padre Sarmiento, que percorre os concellos de Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova, A Illa, Vilagarcía e Catoira, e enlaza co Camiño Portugués oficial en Pontecesures; esta alternativa recibe o seu nome do propio Martín Sarmiento que percorreu esta ruta no Ano Santo de 1745 e a describiu no seu libro Viaxe a Galicia.
Segundo se concluíu na reunión do intergrupo Caminos de Santiago do Parlamento Europeo celebrada en Bruxelas en decembro de 2013, a sinalización está ben definida desde Porto ata Santiago pero é insuficiente entre Lisboa e Porto e case inexistente nos tramos ó sur de Lisboa. Tamén se puxo de manifesto a urxente necesidade de definir unha ruta como a oficial e o resto como variantes, dada a multiplicación de rutas e alternativas, non fixadas pola tradición xacobea. Outro dos problemas a solucionar sería a escasa dotación de prazas nos albergues existentes ó longo do Camiño, que a Deputación de Pontevedra estima nun 10% das necesidades reais. miniatura|Ponte internacional entre Valença e Tui.
O Camiño Portugués en Galicia Como acontece con outros Camiños, as diferentes guías e webs que desenvolven o Camiño Portugués non sempre coinciden no número das etapas necesarias para chegar de Tui a Santiago nin, por conseguinte, nas localidades que as delimitan nin na distancia a percorrer en cada unha delas. Das oito guías consultadas, tres dividen esta ruta en 6 etapas (Xacobeo.es, Consumer.es, Diario de a bordo) e cinco en cinco etapas (La Voz de Galicia, Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, Todos los caminos, Gronze, Portas del cielo). Neste artigo seguimos a estrutura descrita pola web do Xacobeo.camino.xacobeo.es/gl/caminos/camino-portugues
1ª etapa: Tui - O Porriño Tui - Rebordáns - A Virxe do Camiño - A Madanela - Orbenlle - Atios - A Guía - O Porriño
Unha vez pasada Valença, os peregrinos tiñan que atravesar o Miño mediante barcazas que desembarcaban na praia da Fábrica, pero desde que se construíu a ponte internacional en 1884 xa se pode facer con comodidade polo paso peonil que hai a un dos lados da ponte. Entran así en Galicia a través da vila de Tui. miniatura|Museo Diocesano, situado no antigo Hospital para Pobres e Peregrinos, levantado en 1756. Aquí os peregrinos tiñan dereito a pasar tres noites. O primeiro fito da Xunta de Galicia sinalizando o Camiño marca neste punto unha distancia de 115,454 km ata Santiago.
Nesta cidade destaca a catedral de Santa María, construída entre os anos 1142 e 1225 nos estilos románico e gótico. Xunto á catedral, Tui contaba con hospital de pobres e peregrinos que estivo activo desde finais do século XVII ata principios do XX; hoxe está reconvertido en Museo Diocesano. O Camiño atravesa o centro histórico e pasa ante o convento de clausura das Clarisas (popularmente, das encerradas) e o mosteiro de San Domingos.
Despois de Tui, pasa por Rebordáns, con igrexa dedicada a san Bertomeu, do século XII pero reconstruída sobre outra anterior do XI; esta igrexa foi a primeira catedral de Tui. A partir de aquí cruza a estrada N-550 -que discorre á par do Camiño ata Santiago- e sobe cara ó Porriño seguindo o leito do río Louro pasando pola Virxe do Camiño (lugar de Rebordáns), cuxa igrexa barroca, do s. XVII, posúe unha Virxe do Leite, considerada protectora dos peregrinos. A seguir pasa por baixo da autoestrada do Atlántico (AP-9) e cruza o río San Simón pola chamada ponte de San Telmo ou ponte das febres, para alcanzar despois o lugar da Madanela, da parroquia de Ribadelouro. miniatura|Ponte de San Telmo ou ponte das Febres. Segundo conta a lenda, san Telmo, daquela frade dominico en Tui, colleu unhas febres neste mesmo lugar cando ía de peregrinación a Santiago, febres que forzaron o seu regreso a Tui e das que morreu de alí a pouco. Xunto á ponte levantouse unha cruz e un monólito no que unha inscrición di o seguinte: "Camiñante, aquí enfermou de morte san Telmo en abril de 1251. Pídelle que fale con Deus no teu favor".En castelán na inscrición. Sobre o arco da ponte construíuse unha plataforma de madeira para facilitar o paso. miniatura|Ponte de Orbenlle, sobre o Louro. Desde A Madanela o Camiño pasa xunto a un calvario formado por cinco cruceiros e, a seguir, por Orbenlle, onde o Camiño deixa o concello de Tui e entra no do Porriño. O itinerario tradicional abeiraba as Gándaras de Budiño (zona húmida creada pola confluencia do río Louro con varios regatos, creando un sistema de lagoas, brañas e bosques de ribeira) e atravesaba a todo o longo o polígono industrial das Gándaras, do Porriño, en 3 km de estrada perigosa e interminable, entre naves industriais e constante tráfico de camións. Desde setembro de 2013 está indicada unha alternativa polas Gándaras e a beira do Louro que só representa un aumento duns 500 metros A web de Consumer.es recolle o desgusto dos hosteleiros da zona ante a apertura desta variante, "que no han dudado en quemar los carteles del itinerario, borrar flechas y demás salvajadas".. Esta variante, que comeza ó pouco de pasar o fito quilométrico 106,048, discorre baixo unha mesta vexetación na beira do Louro; pasa polas parroquias de Mosende e Pontellas (esta segunda dedicada a Santiago), e mais o lugar de Centeáns, onde o Camiño pasa ó pé dun cruceiro no antigo Camiño Real que conducía a Vigo.