Nova Ardentía é a Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial editada por Culturmar.

A revista procura divulgar o traballo dos grupos que compoñen Culturmar: estudo, recuperación e dignificación da cultura nacida arredor dos mares e ríos galegos, ademais de publicar traballos de investigación e divulgación sobre o tema.

Ardentía A revista saíu en xullo de 2004 co nome de Ardentía para axudar no Encontro de Embarcacións Tradicionais que organiza a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. O director foi Luís Rei Núñez e a maioría dos colaboradores eran membros do Colectivo Etnográfico Mascato do Salnés.

O número 8 foi coordinado por Lino Prieto, debido á morte de Luís Rei.

Números: nº 1: O patrimonio inmaterial, 2004 nº 2: Barcos e xentes – VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – Cambados, 2005 nº 3: Un mar de memorias, 2006 nº 4: O mar tamén ten mulleres, 2007 nº 5: Proa a Muros! – IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, 2009 nº 6: Se vas a Carril… X Encontro de Embarcancións Tradicionais de Galicia, 2011 nº 7: XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia – O Freixo – Outes, 2013 nº 8: 2015

Nova Ardentía miniatura|300px|Presentación do nº 16 no Estaleiro de Purro en Bueu: Lidia Nieves Domínguez, Carmen García, Emilio Xosé Insua, Arturo Sánchez Cidrás e José Manuel Dopazo Entenza (xullo 2024) A partir do número 9 o director foi Emilio Xosé Insua e pasou a chamarse Nova Ardentía saíndo cunha periodicidade anual.

Números: nº 9: Para Luís Rei, que partiu para navegar os mares do alen. In memoriam, 2017 nº 10: 25 anos na salvagarda, 2018 nº 11: Navegando polas augas irmás do Miño e do Atlántico, 2019 nº 12: Contra vento, maré e coronavirus, 2020 nº 13: Capeando o temporal pandémico, 2021 nº 14: Coa pandemia pola popa, marcamos novos rumbos, 2022 nº 15: Proa ás Mariñas!_ XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, 2023 nº 16: 2024, presentada no Estaleiro de Purro en Bueu.

Datos: Editada en Cambados por Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial). Consello de redacción en 2023: Manuel Sendón, Emilio Xosé Ínsua, Xaquín Lores, Manuel Lara Coira, Francisco Fernández Rei, Ivone Baptista, Antón Mascato e Helena Pousa Ortega Coordinación e revisión: Emilio X. Ínsua Maquetación: Sole Rei

Temas tratados: etnografía, antropoloxía, economía, tecnoloxía, historia, arte, literatura…

Seccións fixas:

A Atalaia (editorial) A que andamos? Artistas do mar Sino de proa Letras na almadraba Lecturas para navegantes Espazos para saber do mar

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Repositorio de números publicados en liña

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI Categoría:Cambados