Fernando Pérez López, nado en Sarria cara a 1944 e finado nomesmo concello o 19 de xuño de 2006, foi un profesor e activista galego.
Traxectoria Profesor de Filosofía en Ourense e despois catedrático de Filosofía no Instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Fundador da Aula Castelao de Filosofía, da que foi presidente de 2005 ata a súa morte.El Concello premió al Aula Castelao y a Julio Lois por su compromiso social Vinculado ao nacionalismo e á esquerda, foi dirixente da Asemblea Nacional-Popular Galega en Ourense e responsable da CXTG en Pontevedra. Era membro da asociación Amistade Galego Cubana Francisco Villamil, de Galicia por Palestina e da Asocición pola Defensa da Ría. Foi membro das Redes Escarlata. Finou en Sarria o 19 de xuño de 2006.La Voz de Galicia, Monforte, 20-6-2006, p. L2.
Obras Antón Losada, teoría e praxe, 1984.
Recoñecementos
A Aula Castelao fíxolle unha homenaxe popular na praza do Teuco de Pontevedra en xuño de 2006.La Voz de Galicia, Pontevedra, 27-6-2006, p. L5.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Homenaxe a Fernando Pérez López, presidente da Aula Castelao. Pontevedra, Praza do Teucro, 27 de xuño de 2006.
Ligazóns externas Fernando Pérez, coordenador da Aula Castelao de Filosofía, morreu onte en Sarria El homenaje de todos
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2006