Maximilian Rudolph Standfuss (6 de xuño de 1854, Schreiberhau – 22 de xaneiro de 1917, Zürich) foi un entomólogo xermanosuízo especializado en lepidópteros.
Estudou teoloxía na Universidade de Halle e ciencias naturais na Universidade de Breslau, onde en 1879 recibiu o seu PhD (doutoramento) en zooloxía. Durante moitos anos foi o curador e posteriormente director das coleccións do museo entomolóxico do Eidgenössische Polytechnikum de Zürich. En 1892 obtivo a súa habilitación e traballou seguidamente como profesor do Politécnico e na Universidade de Zürich. En 1915 recibiu o título de catedrático. Entre 1908 e 1910 foi presidente do Naturforschenden Gesellschaft de Zürich.Standfuss, Max Historischen Lexikon der Schweiz
É lembrado principalmente polos seus experimentos de cría de bolboretas e avelaíñas en condicións artificiais; por exemplo, tomando casulos de bolboretas de Europa central e criándoas a diversas temperaturas. Descubriu que cando a temperatura era moi baixa, a bolboreta saía do casulo cunha coloración que era diferente da típica da especie centroeuropea, pero similar á de variedades de especies atopadas en climas máis fríos; cando a temperatura era alta, os mesmos casulos de Europa central producían variedades que se atopaban en rexións tropicais.Appleton's Magazine, Volume 6
Obras seleccionadas Lepidopterologisches, 1884 – Lepidopterology. Handbuch für Sammler der europäischen Grossschmetterlinge, 1891 – Manual para coleccionistas de Macrolepidoptera. Handbuch der paläarktischen Gross-Schmetterlinge für Forscher und Sammler, 1896 – Manual dos Macrolepidoptera paleárticos para investigadores e coleccionistas Experimentelle zoologische Studien mit Lepidopteren, 1898 – Estudos zoolóxicos experimentais do Lepidoptera.Most widely held works about Max Standfuss WorldCat Identities
Notas
Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Entomólogos de Suíza