Raquel García Rodríguez, nada en Queirugás (Verín) o 4 de xullo de 1975, é unha narradora oral, directora de escena e actriz galega, máis coñecida como Raquel Queizás.
Traxectoria Dende nova viuse influenciada polas historias que escoitaba dos seus avós,Actas da XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral. (Páxinas 91 e 92) o que espertou nela unha paixón pola narración oral, a lingua, a lectura e o teatro. En 1998 graduouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde participa no grupo de teatro universitario Captatio Benevolentia. Comezou a súa carreira na narración oral e no teatro profesional en 1999Dossier da obra de Berrobabám "Diariamente". Acreditada coma Raquel García. formando parte da compañía de teatro Berrobambán e narrando historias en bibliotecas de Galicia. Formou parte dos elencos das compañías de teatro Os monicreques de Kukas e Galitoon. En 2012 funda xunto a Chus Álvarez a compañía Teatro da Semente, especializada en montaxes para a primeira infancia e público infantil. Dende o ano 2016 centra a súa carreira no eido na narración oral e nos espectáculos unipersonais.
O seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas, adaptacións de autores e creacións propias. Nos seus espectáculos emprega a interacción activa co público e o humor como ferramenta principal.
Teatro
Valdemuller, Centro Dramático Galego, dirixida por Pablo Vergne, 2008. (Actriz e monicrequeira) Sete contos capitais, Os monicreques de Kukas, dirixida por Isabel Rei Pousada, 2008. (Monicrequeira) O castelo da Rocha Vella, Os monicreques de Kukas e a Real Filharmonía de Galicia, 2009.(Actriz e narradora) O Kikirixote, Os monicreques de Kukas, dirixida por Marcelino de Santiago, 2012. (Actriz e monicrequeira) Golulá, Galitoon, dirixida por Andrea Bayer, 2009.Dossier de Golulá, 2009 (Actriz protagonista) Rosalía, a pulga que escribía, Galitoon, dirixida por Andrea Bayer, 2009. Dossier de Rosalía, a pulga que escribía, 2009. (Monicrequeira) Os limóns, Galitoon, dirixida por Luis Miguel Rodríguez Castro, 2010. (Actriz protagonista) Viaxe a Dadá, Teatro da Semente, 2012. Programa do auditorio municipal de ourense 2015 (Páxina 37) (Dirección e interpretación) Chíos, Teatro da Semente, 2013. (Dirección e interpretación) Gatuxo, Magín Blanco, 2014. (Dirección e actriz protagonista) Gretel e Bela, Teatro da Semente, 2016. (Dirección e interpretación) Desafógate. Unha aventura acuática, Raquel Queizás, 2023. (Dirección,interpretación e manipulación de monicreques)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Verín Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Actores de Verín