Daniel L. Everett, nado en Holtville, California, en 1951Curriculum Vitae é un lingüista estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a lingua pirahã no estado brasileiro de Amazonas desde 1977. Everett afirma que tal lingua tería elementos que contradín a gramática universal defendida e reformulada por Noam Chomsky e o seu grupo de estudo.
Traxectoria Daniel L. Everett chegou ao Brasil a través do Summer Institute of Linguistics, un grupo dedicado ao estudo lingüístico e á tradución da Biblia, e entrou en contacto co pobo Pirahã, que carece dunha mitoloxía relixiosaEventualmente, falan dalgúns "espíritos menores" que poden roldar, sen trazos de divindade. e son ateos, e desconfiaban da evanxelización ao preguntarlle a Everett se coñecera directamente a Xesús de Nazaret.
A lingua dos Pirahã ten varias características distintivas: non ten palabras para números nin coresQue non teñan palabras para cores específicas non implica que non os distingan. Unha crítica á hipótese Sapir-Whorf baseouse na inexistencia da distinción entre laranxa e amarelo dun pobo, pero comprobouse que si os diferenciaban, aínda que a falta de concepto de seu afectaba ás lembranzas. Os pirahã alén de non teren palabras para os números, tampouco teñen un concepto de aritmética. e inclúe un sistema de "evidencialidade", onde sufixos ou partículas indican se a información provén de experiencia directa, rumor ou dedución. Por exemplo, ao falar dun burato nun bote, un falante pirahã pode dicir "sei que o bote afundiu" e usar eses sufixos para especificar se o sabe porque o viu directamente, porque llo dixo alguén ou porque o deduce ao ver o burato.
Nunha das súas expedicións á Amazonía, en 1993, tivo contacto cunha lingua nova que non tiña sido descrita pola lingüística occidental, a "Oro Win", que é das poucas que usan o fonema dental, bilabial, africado: [t͡ʙ̥].
Daniel Everett asegura que é ateo despois de vivir durante anos con culturas tan diferentes.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal FORA.tv Series: Daniel Everett: Endangered Languages and Lost Knowledge. The Long Now Foundation (en inglés) Entrevista na Veja: "A linguagem nos faz humanos". (en portugués)
Categoría:Lingüistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados no condado de Imperial