Paul Kammerer (17 de agosto de 1880, en Viena – 23 de setembro de 1926, en Puchberg am Schneeberg) foi un biólogo austríaco que estudou o lamarckismo e era un dos seus partidarios, a teoría que di que os organismos poden pasar á súa descendencia características que adquiriron ao longo da súa vida, o que significa que a variación sería dirixida cara a crear adaptacións.
Biografía Educación
Empezou a súa carreira académica na Academia de Viena estudando música pero graduouse cun grao en bioloxía.Koestler, Arthur (1973). The Case of the Midwife Toad. Vintage (first published 1971).
Investigacións biolóxicas
Os traballos de Kammerer en bioloxía principalmente consitiron en alterar a crianza e desenvolvemento de anfibios. Fixo que a píntega común (Salamandra salamandra) ovovivípara adquirise certas características máis propias da píntega alpina Salamandra atra vivípara, e viceversa.Encyclopaedia Britannica Paul KammererEmbryo Project Encyclopedia. Paul Kammerer's Experiments on Salamanders (1903-1912)
Noutros experimentos menos coñecidos, manipulou e criou o anfibio cavernícola Proteus anguinus. Fixo que estes anfibios producisen crías vivas e exemplares de cores escuras e con visión completa. Apoiou a teoría do lamarckismo da herdanza dos caracteres adquiridos, e experimentou intensamente nun intento de probar a súa teoría.
Kammerer conseguiu criar sapos Alytes na auga incrementando a temperatura dos seus tanques, forzándoos a retirarse da auga para refrescarse. O macho non estaba xeneticamente programado para o apareamento baixo auga así que no lapso de dúas xeracións, Kammerer informou que os seus sapos xa posuían calosidades nupciais nos pés para darlles máis tracción no seu proceso de apareamento baixo a auga.
Aínda que os devanceiros prehistóricos dos sapos Alytes teñen calosidades nupciais, Kammerer considerou que as calosidades eran caracteres adquiridos debido á adaptación ao ambiente.
Acusacións de fraude
Algúns científicos afirmaron que o resultado do experimento cos sapos fora falsificado. A máis notable destas acusacións fíxoa o Dr. Gladwyn Kingsley Noble, curador de réptiles do Museo Americano de Hisoria Natural, na revista científica Nature. Despois dun exame microscópico, Noble afirmou que as calosidades negras en realidade tiñan unha explicación máis mundana: foran simplemente inxectadas con tinta chinesa.
Nunha carta, Kammerer afirmou que despois de ler o artigo de Noble, el reexaminou o seu espécime e confirmou que se inxectara tinta chinesa nas súas calosidades.Stein, Gordon. (1993). Encyclopedia of Hoaxes. Gale Group. p. 248. Kammerer suxeriu que os seus espécimes foran alterados por un axudante de laboratorio.Oldroyd, David Roger. (1980). Darwinian Impacts: An Introduction to the Darwinian Revolution. Open University Press. p. 179. O criminólogo Edward Sagarin escribiu, "Kammerer mantivo a súa total inocencia e declarou a súa ignorancia da identidade do falsificador. Aínda hai dúbidas sobre se un axudante servizal (ou hostil) foi o responsable da falsificación, pero a credibilidade científica de Kammerer quedou, non obstante, danada irremediablemente".Sagarin, Edward. (1977). Deviance and Social Change. Sage Publications. p. 115.
O historiador da ciencia Peter J. Bowler escribiu que a maioría dos biólogos cren que Kammerer era unha fraude e os outros afirman que malintepretou os resultados dos seus experimentos.Bowler, Peter J. (2003). Evolution: The History of an Idea. University of California Press. pp. 265-266.
Teoría da serialidade
Outra paixón de Kammerer era coleccionar coincidencias. Publicou un libro co título Das Gesetz der SerieTomasz Downarowicz (ed.). "Law of series (Kammerer)". Scholarpedia. (A lei das series, traduido ao inglés por Jason David Bulkeley co título "The Law of Seriality") no cal relata unhas 100 anécdotas de coincidencias que o levaron a formular a súa teoría da serialidade.
Postulaba que todos os eventos están conectados por ondas de serialidade. Forzas descoñecidas causarían o que se percibe como os picos ou agrupacións de coincidencias. Sábese que Kammerer tomou, por exemplo, notas en parques públicos do número de persoas que pasaban, cantos levaban parasoles etc. Albert Einstein consideraba esta idea da serialidade "interesante, e de ningunha maneira absurda",Arthur Koestler. (1972). The Roots of Coincidence. Vintage. p. 87. e Carl Jung fixo uso do traballo de Kammerer no seu ensaio Synchronicity. Arthur Koestler informou que cando estaba investigando para facer a súa biografía de Kammerer, foi sometido a "unha chuvia de meteoritos" de coincidencias, como se o fantasma de Kammerer estivese sorríndolle a el e dicindo: "Xa cho dixen!"Alister Hardy, Robert Harvie, Arthur Koestler. (1973). The Challenge of Chance: Experiments and Speculations. Hutchinson. p. 198.
A explicación estándar é que os eventos que observou son simplemente independentes e naturais, e agrúpanse espontaneamente e invitablemente con algunhas probabilidade menor de acordo coa distribución de Poisson o que caracteriza o agrupamento de Poisson. A ciencia estándar tn ferramentas máis que suficientes para explicar as series ou explosións en diferentes procesos.David J. Hand, (2014), The Improbability Principle: Why Coincidences, Miracles, and Rare Events Happen Every Day p. 40
Morte
Seis semanas despois da acusación feita por Noble, Kammerer suicidouse no bosque de Schneeberg, un suceso que foi discutido por Arthur Koestler no seu libro sobre Kammerer e as súas teorías.
Posteriores controversias
Intentos de reproducir os experimentos de Kammerer
O biólogo lamarckista Ernest MacBride apoiaba os experimentos de Kammerer pero comentou que terían que ser repetidos para ser aceptados por outros científicos.MacBride, Ernest (1929). Evolution. J. Cape & H. Smith. p. 38. O zoólogo británico Harold Munro Fox intentou replicar algúns dos experimentos de Kammerer mais obtivo resultados negativos. O profesor de bioloxía Harry Gershenowitz tamén intentou duplicar o experimento de Kammerer cunha especie relacionada, Bombina orientalis, pero tivo que dar por terminado o eperimento antes do seu final por falta de fondos.
O libro The Case of the Midwife Toad
O interese por Kammerer reviviu en 1971 coa publicaciónn do libro de Arthur Koestler The Case of the Midwife Toad (midwife toad é o nome común en inglés do sapo Alytes). Koestler pensaba que os experimentos de Kammerer sobre este sapo puideron ser manipulados por un simpatizante nazi na Universidade de Viena. Certamente, como escribe Koestler, "os Hakenkreuzler, os portadores da esvástica, como se lles chamaba aos nazis austríacos dos primeiros días, estaban aumentando o seu poder. Un centro de fermento era a Universidade de Viena,University 1938-1945 onde nos desfiles de estudantes matinais tradicionais dos sábados, disputábanse batallas sanguentas. Kammerer era coñecido polas súas conferencias públicas e artigos en xornais como un ardente pacifista e socialista; tamén era sabido que ía construír un instituto na Rusia soviética. Un acto de sabotaxe no laboratorio estaría… acorde co clima [político] daqueles días."
As afirmacións de Koestler foron criticadas pola comunidade científica. Gordon Stein indicou:
Como consecuencia da refutación de Noble, o interese pola herdanza lamarckista diminuíu excepto na Unión Soviética, onde era defendida por Trofim Lysenko (ver lysenkismo).
Outras interpretacións
Sander Gliboff, un historiador da bioloxía e profesor do Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia da Universidade de Indiana, comentou que aínda que se probou que as conclusións de Kammerer son falsas, as súas evidencias eran probsblemente xenuínas e el simplemente non argumentaba a favor do lamarckismo e contra o darwinismo tal como as teorías se coñecen agora. Máis ben, máis alá do escándalo, a historia móstranos moito sobre as teorías en competición da evolución biolóxica e cultural e a gama de novas ideas sobre herdanza e variación na bioloxía de inicios do século XX e os cambios no enfoque experimental que ocorreron desde entón.
En 2009 o biólogo do desenvolvemento Alexander Vargas, profesor do Departamento de Bioloxía da Universidade de Chile, suxeriu que a herdanza dos caracteres adquiridos (herdanza lamarckista) que Kammerer informou que observara nos seus experimentos cos sapos podería ser auténtica e ser explicada polos resultados do campo emerxente da epixenética. Kammerer podería así ser considerado, en realidade, o descubridor da herdanza epixenética non mendeliana, con modificacións químicas no ADN parental (como por medio da metilación do ADN) que se transmiten ás xeracións posteriores. Ademais, en opinión de Vargas, o efecto pai de orixe, que era pouco comprendido no tempo de Kammerer, podería ser explicado retrospectivamente, en relación a efectos similares observados noutros organismos. Non obstante, o profesor Gliboff da Universidade de Indiana argmentou despois que Vargas "construíu o seu modelo sen ler primeiro os artigos orixinais de Kammerer" e está "seriamente mal informado sobre o que Kammerer fixo e que eran exactamente os resultados" así que o modelo de Vargas "non pode explicar os resultados... dos que se informou orixinalmente...". Gliboff continuou poñendo moi en dúbida que se deba atribuír a Kammerer o descubrimento do efecto pais de orixe e afirma que "as inferencias históricas de Vargas sobre o asunto de Kammerer... [e] as reaccións negativas dos xenetistas... non se sosteñen e non resisten un escrutinio".
A reinterpretación da obra de Kammerer á luz da epixenética, segue, pois, sendo polémica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Unha colección dos seus textos – sitio de Paul Kammerer en Academia.edu
Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Zoólogos de Austria Categoría:Lamarckismo