Jerry Allen Coyne, nado o 30 de decembro de 1949, é un biólogo estadounidense e un escéptico coñecido polo seu traballo sobre especiación e os seus comentarios sobre o deseño intelixente. É profesor emérito da Universidade de Chicago no Departamento de Ecoloxía e Evolución, e publicou numerosos artigos sobre a teoría da evolución. Centrouse especialmente no estudo da especiación e a xenética ecolóxica e evolutiva, especialmente na da mosca do vinagre Drosophila. En 2023 converteuse en membro do Comité para a Investigación Escéptica.

É o autor do libro de texto Speciation e do libro de non ficción superventas Why Evolution Is True. Coyne mantén unha páxina web e escribe no seu blog, que tamén se chama Why Evolution Is True. É un determinista duro.

Coyne chamou a atención fóra da comunidade científica como crítico público da relixión. Como propoñente do Novo Ateísmo, é citado a miúdo xunto cos ateos como Richard Dawkins e Sam Harris. É autor do libro Faith Versus Fact.

Primeiros anos e educación

Jerry Allen Coyne naceu o 30 de decembro de 1949 de pais xudeus. Graduouse en bioloxía (B.S.) no College of William & Mary en 1971."William & Mary: Incredible Alumni". The College of William & Mary. Consultado o 8 de xullo de 2009. Segundo Coyne, cando estaba no college, participou no activismo contra o apartheid e protestou contra a guerra do Vietnam. Traballou como graduado na Universidade Rockefeller baixo a dirección de Theodosius Dobzhansky. Obtivo un doutoramento (Ph.D.) en bioloxía na Universidade Harvard en 1978, estudando baixo a dirección de Richard Lewontin, e conseguiu unha bolsa para facer traballos posdoutorais na Universidade de California, Davis, no laboratorio de Timothy Prout.Irwin W. Sherman, M. M. Green, Lawrence Harshman, Mary Prout, David Prout, Richard Lewontin. In Memoriam. Timothy Prout Professor Emeritus 1923–2009. doi:10.1111/j.1558-5646.2009.00715.x . Evolution, vol. 63, número 8, agosto de 2009. JSTOR 40306270. Cita: "O laboratorio de Prout no Departamento de Xenética e Departamento de Entomoloxía en Davis era un lugar alegre e agradable onde se fixeron amizades para toda a vida. Jerry Coyne, Fred Cohan, Lawrence Harshman, e Ary Hoffmann foron estudantes posdoutorais e Gail Simmons e Ian Boussy foron estudantes graduados."

Traxectoria

Coyne obtivo unha bolsa Guggenheim en 1988. Foi elixido membro da Academia Americana das Artes e Ciencias en 2007. Recibiu o Premio o Emperador vai espido da Fundación para a Liberdade da Relixión en 2011.

Coyne foi vicepresidente (1996) e presidente (2011) da Sociedade para o Estudo da Evolución. Foi editor asociado das publicacións Evolution (1985–1988; 1994–2000) e The American Naturalist (1990–1993). Ensinou bioloxía evolutiva, especiación, análise xenética, asuntos sociais e coñecemento científico, escritura e discurso científico.Speciation Google books. Considera que a bioloxía evolutiva "... parécese máis ás belas artes da ciencia, porque é bastante satisfactoria esteticamente, pero tamén casualmente é verdadeira, o cal é un bonus extra."

Os seus artigos publicáronse en revistas científicas como Nature e Science, e tamén en prensa de noticias e revistas como The New York Times, o Times Literary Supplement e The New Republic. Os seus intereses na investigación inclúen a xenética de poboacións e evolutiva, a especiación, a xenética cuantitativa e ecolóxica, a evolución dos cromosomas e a competición dos espermatozoides.

Coyne foi asesor da defensa durante o xuízo a O. J. Simpson por asasinato e expresou a súa preocupación por que as evidencias de ADN que implicaban a Simpson fosen defectuosas. En 2024, pouco despois da morte de Simpson, Coyne dixo que pensaba que Simpson era "culpable como o demo" e que o veredito era "un erro xudicial en gran parte debido á incompetencia do fiscal", o que causou que el rexeitase posteriores peticións para declarar como perito.

Nunha crítica de 1996 da teoría creacionista do deseño intelixente, Coyne escribiu nun artigo de New Republic sobre Of Pandas and People (unha recensión do libro), que empezaba o que ía ser unha longa historia de artigos sobre evolución e creacionismo.

A ra ecuatoriana Atelopus coynei recibe o seu nome en honra a Coyne, que recolleu o holotipo nun pantano nunha excursión para buscar ras no oeste de Ecuador cando era estudante a finais da década de 1970.

Conviccións

Críticas ao creacionismo

Coyne é un crítico do creacionismo, da evolución teísta e do deseño intelixente, ao cal chama "a última encarnación do creacionismo relixioso pseudocientífico, intelixentemente manufacturado por un novo grupo de entusiastas que sortean as recentes restricións legais."

Coyne enumera as seguintes evidencias da evolución, como detalla no seu libro Why Evolution Is True e noutros lugares: Reistro fósil Embrioloxía Bioloxía molecular Presenza de órganos vestixiais Bioxeografía Similitude nas secuencias de ADN entre especies, que tamén se observa como un cambio dependente do tempo no chamado ADN lixo ou non codificante.

Os fósiles transicionais proporcionan boas evidencias da evolución. Charles Darwin predixo a existencia deses fósiles en 1859, e entre os que se identificaron posteriormente están: Tiktaalik (transición entre peixes e anfibios) Ichthyostega (transición entre anfibios e réptiles) Réptiles mamalianos (non clasificados nin como réptiles nin como mamíferos) Archaeopteryx (transición entre réptiles e aves) Ambulocetus (transición entre os mamíferos terrestres e as baleas) e toda unha serie de fósiles intermedios. Primeiros fósiles humanos con cranios simiescos. As evidencia inclúen tanto os fósiles transicionais coma as súas aparicións no rexistro fósil nas épocas correspondentes entre os supostos antepasados e os seus parentes máis modernos.

Ateísmo e escepticismo miniatura|Coyne (dereita) e Richard Dawkins na Universidade George Washington o 24 de maio de 2017

Coyne considérase a si mesmo como un xudeu secular, e abertamente antiteísta. Como partidario do Novo Ateísmo, a miúdo cítase como ateo xunto con Richard Dawkins e Sam Harris. Apoia as teses do naturalismo metafísico e a tese do conflito. Afirma que a relixión e a ciencia son fundamentalmente incompatibles, que só a avaliación racional das evidencias pode descubrir con fiabilidade o mundo e a forma en que funciona e que os científicos que manteñen ideas relixiosas só reflicten a idea de "que as persoas poden manter dúas nocións conflitivas nas súas cabezas e ao mesmo tempo" (disonancia cognitiva). Argumentou que a incompatibilidade da ciencia e a fe está baseada nas irreconciliables diferenzas en metodoloxía, filosofía e resultados cando tratan de discernir verdades sobre o Universo.

Coyne ten unha páxina web en formato de blog titulada Why Evolution Is True. O 10 de xaneiro de 2023, tiña 73.000 subscritores. No blog cobre temas que van desde a ciencia, a ética médica, o ateísmo, o determinismo, a filosofía e a libre expresión.

Coyne é partidario do escepticismo, e afirmou que "todos os procesos científicos requiren un clima de forte escepticismo." Participou en foros públicos e debates con teístas.

Coyne critica os creacionists que parecen pechados de mente ao atérense a interpretacións literais da Biblia. Cuestiona o concepto do creacionismo de que os animais diverxeron só dentro de tipos (kinds), o que é en si mesmo unha aceptación de intermediarios transicionais entre grupos moi diferentes (é dicir, baleas e os seus parentes tgerrestres, por exemplo) atopados ao longo do rexistro fósil. Nun artigo en New Republic, Coyne escribiu que "temos moitos exemplos de fósiles transicionais entre o que calquera consideraría distintos tipos: peixes e anfibios (como Tiktaalik, o cal mencionou Nye), entre anfibios e réptiles, entre réptiles e mamíferos, entre réptiles e aves, entre animais terrestres e baleas, e, por suposto, entre os humanos antigos e modernos, con fósiles temperáns que mostran unha intermediación entre as características dos devanceiros similares a simios e os humanos modernos." Coyne cre que ambas as partes neses debates entre evolucionistas e creacionistas da Terra xove poderían beneficiarse dunha mellor comprensión do rexistro fósil e das ferramentas modernas como a datación isócrona. Considera que a incapacidade dos creacionistas de enfrontarse a estes temas completamente suxire que a "relixión pode envelenar a nosa mente tan profundamente que queda inmunizada contra a verdade real sobre o cosmos."

Afirmou que el cre na liberdade de expresión para todos e non gosta de ver como os universitarios suprimen oradores, como Steve Bannon, a causa das protestas, dicindo "eu non podo pensar de ningunha persoa pola que eu instase á Universidade para que lle retirase a invitación. Nin unha soa persoa – nin un racista branco, nin unha persoa antiinmigración. A liberdade de expresión ten que defender á xente máis odiosa."

Determinismo

Coyne é un determinista duro. Acabou por crer na idea do determinismo despois de ler un artigo de Anthony Cashmore sobre o determinismo e o sistema de xusticia penal. Afirma que recoñecer que non hai libre albedrío fainos máis empáticos e menos xulgadores: "Moitas políticas —especialmente as políticas republicanas— están baseadas na suposición de que as persoas son responsables das súas propias vidas. Así, por exemplo, as persoas acomodadas, ou as persoas sen teito, son tratadas como se puidesen facer outra cousa. Poderían conseguir un traballo, poderían casar e ser pais dos seus fillos. Pero non puideron, porque son vítimas das circunstancias."

Vida persoal

Segundo un artigo de The Chicago Maroon, Coyne xubilouse en 2015 e continúa facendo publicacións e traballos no seu laboratorio na universidade. Considérase a si mesmo como un liberal tradicional e tamén defende enerxicamente a liberdade de expresión.

Durante a pandemia de COVID-19, Coyne pediu permiso para acceder á Lagoa Botánica da Universidade de Chicago para alimentar a unha pata e os seus parruliños no caso de que se producise o confinamento do campus; puxéralle á nai pata o nome de Honey, e alimentou ao grupo ata que migrou. A universidade accedeu á súa petición. Honey volveu varios anos á lagoa, e Coyne seguiu alimentando os patos que crían alí.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Why Evolution is True

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Ateos dos Estados Unidos de América Categoría:Xenetistas Categoría:Críticos do creacionismo Categoría:Críticos do lamarckismo Categoría:Críticos da parapsicoloxía Categoría:Ateísmo Categoría:Biólogos evolutivos