Moriba Kourouma Kourouma, nado en Conakri (Guinea) o 19 de xaneiro de 2003, coñecido deportivamente como Ilaix Moriba, é un futbolista hispano-guineano que xoga como centrocampista no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.

Traxectoria FC Barcelona Moriba chegou ao fútbol base do Fútbol Club Barcelona procedente do R. C. D. Espanyol en 2010. En xaneiro de 2019, cando o seu contrato xuvenil estaba a piques de expirar, clubs como o Manchester City e a Juventus de Turín tentaron fichalo, pero finalmente chegou a asinar un contrato récord, cun salario de máis de 500 000 euros anuais e unha cláusula de rescisión fixada a 100 millóns de euros.​ A tempada seguinte debutou co F. C. Barcelona "B" o 7 de setembro de 2019 na derrota por 1-0 perante o Ejea. Marcou o seu primeiro gol o 8 de marzo, o gañador na vitoria por 3-2 contra Unió Esportiva Llagostera.

Durante a tempada 2020-21, no mes de xaneiro, Koeman incluíuno no primeiro equipo por primeira vez para un partido da liga contra o Granada, malia ser suplente e non xogar ningún minuto.​ O 21 de xaneiro de 2021 na mesma tempada fixo o seu debut nunha vitoria a domicilio por 2-0 contra Unió Esportiva Cornellà nos dezaseisavos de final da Copa do Rey. O 13 de febreiro debutou como titular en Liga dando unha asistencia no triunfo do Barça 5-1 sobre o Deportivo Alavés.

RB Leipzig Perante a negativa do xogador por renovar o seu contrato, o club decidiu traspasalo ao R. B. Leipzig por 16 millóns de euros máis 6 en variables o 31 de agosto de 2021. O club azulgrana gardou para si un 10% dunha potencial futura venda.

Cesións en España Após de media tempada en Alemaña, o 28 de xaneiro de 2022 regresou ao fútbol español para xogar cedido no Valencia C. F. ata final de tempada.​ O 1 de setembro volveu ser cedido ata o 30 de xuño de 2023.

Despois desta segunda cesión en Valencia volveu a Alemaña, onde non xogou ningún partido antes de ser novamente prestado en xaneiro de 2024 a un equipo español, o Xetafe C. F.​ Alí completou a tempada e no mes de agosto recalou no R. C. Celta de Vigo, equipo que gardaba unha opción de compra.

Palmarés Títulos nacionais Título Club País AnoCopa do ReiF. C. Barcelona2020-21

Distincións individuais Distinción AnoParte dos 60 mellores futbolistas sub-17 do mundo segundo o medio TheGuardian.com2020Mellor xogador novo da a fase de grupos da Copa Africana de Nacións2021

Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Conakry Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do RB Leipzig Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Guinea Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Guinea