A machada ritual castrexa, machada sacrifical ou machado votivo, é un tipo de machada ritual de pequeno tamaño, propia da cultura castrexa e usada probablemente como parte de rituais ou sacrificios (suovetaurilia) ou como ornamentación.
Exemplares Entre os exemplares conservados atópanse:
Machada de Viladonga: datada do século III a. C. presenta decoracións de torques, dun xabarín, dun touro e dun carneiro. Castro de Viladonga. Machada de Cariño: semellante á de Viladonga, varios torques. Atopouse na praia de Basteira, en Cariño. Machada da Atalaia: Representación zoomorfa cun trenzado. Xacemento de Punta Atalaia, en San Cibrao. Machada do Deza: Estrutura estriada representación dun carneiro, touro, torque e caldeiro. Nun castro de Lalín, na comarca de Deza. Machada da Trinidade: Decoración xeométrica e torque. Obras da canteira do Monte da Trinidade, en Mondoñedo.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Torque castrexo
Categoría:Machadas Categoría:Cultura castrexa Categoría:Obxectos arqueolóxicos