Ana García Pan, nada na Coruña en 1951, é unha artista e profesora galega.
Traxectoria Ana García Pan formouse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña e licenciouse en Belas Artes en 1983. Posteriormente traballou como docente na Facultad de Bellas Artes de San Carlos de Valencia e en 2003 doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre a revista La Esfera e o panorama artístico español entre 1917 e 1920. Desde entón imparte docencia na universidade, en materias ligadas ao departamento de Debuxo.
A obra de Ana García Pan forma parte de distintas coleccións, entre elas as dos museos de arte contemporánea de Vilafamés e de Elx, das fundacións Barrié de la Maza e Martínez Guerricabeitia, dos concellos de Alfafar e Vigo, da Caixa de Ahorros de Valencia e da Colección Unión Fenosa da Coruña.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Catálogo Outras Historias Posibles na páxina web da Cidade da Cultura.
Categoría:Pintores de Galicia