To Kalokairi tis Karmen (, en galego O verán con Karmen) é un filme grego de comedia dramática de 2023 coescrito e dirixido por Zacharías Mavroidís. Estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia.

Sinopse Nun espazo nudista da costa de Ática, dous amigos gais, Demosthenes, antigo actor, e Nikítas, director de cinema, están a pensar nun proxecto cinematográfico. Baséanse nun episodio da vida de Demosthenes dous anos antes, cando deixa a Panos, o seu daquela mozo, e Karmen, a cadeliña que Panos adoptou trala súa ruptura con Demosthenes.

Elenco Yorgos Tsiantoulas como Demosthenes Andreas Lampropoulos como Nikitas Nikolas Mihas como Panos Roubini Vasilakopoulou como Kaiti Vasilis Tsigristaris como Thymios

Notas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua grega Categoría:Filmes de Grecia Categoría:Filmes de comedia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Grecia