Naitō Jōsō (), nado en 1662 e finado o 29 de marzo de 1704, foi un poeta de haiku xaponés do período Genroku, un dos principais discípulos de Matsuo Bashō.

Traxectoria Naitō Jōsō naceu nunha familia de samurais de Owari; porén, tivo que abandonar o servizo militar por problemas de saúde. Xa que logo, decidiu iniciar a súa carreira literaria, converténdose en discípulo do célebre mestre Matsuo Bashō. Cando este finou en 1694, Naitō mantivo un loito de tres anos, e continuou a ser un seguidor da escola de Bashō durante o resto da súa vida.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Haiku Matsuo Bashō

Categoría:Nados en 1662 Categoría:Finados en 1704 Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Nados na prefectura de Aichi