César Fernández González, nado no Barco de Valdeorras o 28 de xaneiro de 2004, é un xogador de fútbol galego que xoga como porteiro no Celta de Vigo Fortuna, equipo filial do Celta de Vigo.
Traxectoria César Fernández comezou a súa no Club Polideportivo Calasancio de Monforte, preto da súa vila natal, O Barco. Posteriormente continuou a súa carreira nas categorías inferiores do Celta, onde fichou polo Alevín A. Na tempada 2023-24 militou no Gran Peña, que nese ano funcionaba como terceiro filial do club celeste coa denominación de Celta C-Gran Peña. Debutou co Celta Fortuna fronte á SD Logroñés no campo das Gaunas o 3 de decembro de 2023, nun encontro que finalizou con vitoria celeste por 2 a 3.
O seu debut co primeiro equipo do Celta de Vigo foi o 21 de xullo de 2024, da man do adestrador Claudio Giráldez, nun encontro amigábel disputado perante o Vizela no campo da Lomba, en Vilagarcía de Arousa, e que rematou coa vitoria celeste por 4 goles a 0. Fernández disputou os segundos 45 minutos do partido.
César Fernádez foi ademais porteiro internacional con diversas seleccións inferiores da Selección española de fútbol até a categoría sub-19.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Marc Vidal Iván Villar
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense