Maria Branyas Morera, nada en San Francisco, California o 4 de marzo de 1907, e finada en Olot o 20 de agosto de 2024, foi unha supercentenaria hispano-estadounidense. Foi a persoa viva rexistrada máis lonxeva do mundo dende o 17 de xaneiro de 2023, tras o falecemento da monxa francesa Lucile Randon e en España dende o 22 de decembro de 2019, data do falecemento de Josefa Santos González,Zmarła Tekla Juniewicz – najstarsza Polka i druga najstarsza osoba na świecie https://www.leparisien.fr/societe/mort-de-la-doyenne-de-lhumanite-la-francaise-soeur-andre-est-decedee-a-118-ans-17-01-2023-IWWNT7I5A5CULK66HIP6VNUWSM.php así como a persoa española máis lonxeva de todos os tempos e a última persoa viva nada en 1907.
En contexto histórico, Maria xa tiña 5 anos recentemente cumpridos cando se produciu o naufraxio do Titanic en 1912, foi contemporánea de 6 monarcas británicos, dende Eduardo VII a Carlos III, 10 papas católicos, ambas as guerras mundiais e dúas pandemias globais. Foi a persoa de maior idade no mundo en contraer coronavirusSARS-CoV-2 / pandemia por coronavirus e sobrevivir á doenza, a cal a afectou de maneira asintomática.
Notas
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en San Francisco Categoría:Supercentenarios