Ursula Keller, nada en Zug (Suíza) o 21 de xuño de 1959, é unha profesora, enxeñeira e física suíza.

Traxectoria Ursula Keller medrou no seo dunha familia de clase traballadora. Foi unha das primeiras mulleres en graduarse no prestixioso Instituto Federal de Tecnoloxía de Zürich, onde todos os seus profesores eran homes. En 1984 recibiu un diploma de enxeñaría en física. É inventora, e gañadora do Premio Inventores Europeos 2018 que outorga a Oficina Europea de Patentes. É membro da Real Academia das Ciencias de Suecia e do IEEE.

En 2024 publicou un artigo sobre os ambientes tóxicos que expulsan ás mulleres do mundo académico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ETHZ|Department of Physics|Institute for Quantum Electronics|Ultrafast Laser Physics

Categoría:Profesores do ETH Zürich Categoría:Físicos de Suíza Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados no cantón de Zug