Vincenzo Galilei, nado en Santa María a Monte en 1520 e finado en Florencia o 2 de xullo de 1591, foi un compositor e teórico musical italiano, pai do astrónomo Galileo Galilei. Foi unha figura esencial na vida musical do Renacemento tardío e contribuíu de xeito importante á revolución musical que marca o inicio do Barroco.

Traxectoria Algunhas das contribucións teóricas máis importantes de Galilei estiveron no tratamento da disonancia. Ademais, Galilei fixo importantes descubrimentos no campo da acústica, especialmente os relativos á física que implica a vibración de cordas e columnas de aire. É posible que fose o primeiro en establecer que a relación entre a tensión dunha corda e a súa frecuencia de vibración non seguía unha lei física lineal.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Pisa

Categoría:Compositores de Italia Categoría:Nados en 1520 Categoría:Finados en 1591