Juan Manuel Somoza del Río, nado en Río (Láncara) e finado na mesma parroquia en abril de 1895, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Somoza da Casa Loureiro de San Martiño de Río, que dende 1836 foi arrendatario das rendas monásticas do Estado despois da desamortización. A súa familia dominaba as terras da comarca de Sarria. Avogado. Foi deputado pola provincia de Lugo en 1843 e polo distrito de Sarria (1848-1849, 1851-1852, 1853 e 1857-1858). Foi nomeado deputado provincial polo distrito do Courel en marzo de 1875,BOP Lugo, 23-3-1875, p. 1. e elixido vicepresidente da Deputación de Lugo, aínda que renunciou por razóns de saúde en novembro.BOP Lugo, 18-4-1876, p. 2. Finou en San Martiño de Río en abril de 1895.Gaceta de Galicia, 25-4-1895, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Láncara

Categoría:Finados en 1895