Myths of the Near Future é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Klaxons, publicado o a través do selo Polydor Records. Despois do seu sinxelo de estrea a banda cuñou o termo "new rave" para referirse ao seu son e pouco despois do seu segundo sinxelo fichou por Polydor. Klaxons gravou Myths of the Near Future con James Ford de Simian Mobile Disco nos estudios The Premises e Parkgate. O disco, que toma o seu nome dun poema, é un álbum conceptual de ciencia-ficción que fala sobre o futuro; algúns dos títulos e letras das cancións son referencias literarias ás obras de J. G. Ballard, William S. Burroughs e Thomas Pynchon. Para os críticos, o seu son recordaba ao revival indie dance-punk liderado por bandas como Bloc Party e Franz Ferdinand.
Listaxe de cancións Todas as letras por Jamie Reynolds e Simon Taylor, toda a música por Klaxons, agás onde se indique.
Notas
Categoría:Álbums de Klaxons Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums producidos por James Ford Categoría:Álbums de Polydor Records