Music for the Masses é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de música electrónica Depeche Mode, publicado o 28 de setembro de 1987 a través do selo Mute Records.Index: Depeche Mode". Record Mirror. 26 de setembro de 1987. p. 2. ISSN 0144-5804 O disco foi promovido pola xira Music for the Masses Tour, que lanzou a súa fama nos Estados Unidos cando actuaron no Rose Bowl en Pasadena, California.
Considerado un dos mellores álbums da banda, Music for the Masses foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. O álbum alcanzou o número 10 das listas británicas.
Foi precedido polos sinxelos "Strangelove", publicado o 13 de abril, e "Never Let Me Down Again", publicado o 24 de agosto. Outros dous sinxelos publicáronse despois álbum, "Behind the Wheel", lanzado o 28 de decembro, e "Little 15", aparecido o 16 de maio do ano seguinte.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Depeche Mode Categoría:Álbums musicais de 1987 Categoría:Álbums de Mute Records