Avelino Veloso Chapela, nado en Santiago de Compostela e finado en Buenos Aires, foi un xastre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria miniatura|300px|Directiva do Orfeón Gallego de Buenos Aires en 1910, no centro o seu presidente Avelino Veloso. Emigrou a Arxentina cara a 1895. Montou a xastrería La Compostelana en Buenos Aires. Colaborou nos xornais da emigración galega, principalmente Nova Galicia, onde apareceron moitos dos seus poemas escritos sempre en galego.El Correo Gallego, 21-7-1963, p. 7. En xullo de 1901 promoveu a creación do Ateneo Rosalía de Castro xunto con Fortunato Cruces, Manuel Novoa Costoya e María de los Ángeles Vázquez. Foi secretario do Orfeón Gallego, director do seu órgano Boletín Oficial del Orfeón Gallego,Nova Galicia, 8-10-1905, p. 2. e presidente do mesmo en 1908. En 1911 creou e dirixiu o Boletín Galaico Social.El Miño, 11-7-1911, p, 2. En 1920 dirixiu El Heraldo de Lanús.Correo de Galicia, 25-4-1920, p. 1-2.
Obras É autor do monólogo Sin Chouza, representado en Buenos Aires en 1904,Nova Galicia, 14-8-1904, p. 3. da obra Por unhas romaxes (1905),Nova Galicia, 12-11-1905, p. 3. do monólogo Xénio de raz (1906),Nova Galicia, 22-7-1906, p. 1., da obra O arco d'a vella (1908),Galicia, 15-10-1908, p. 15. e da comedia A festa de San Pedro de Bugallido (1918).Nova Galicia, 31-7-1918, p. 2. Publicou o diálogo dramático O tempo novo en 1916.Nova Galicia, 18-5-1916, p. 3. Vida persoal Casou con Manuela Rey e foi pai de Francisca, Asunción, Felipe e Cecilio Veloso Rey.Nova Galicia, 15-5-1914, p. 2.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Dramaturgos de Galicia
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Galegos da Arxentina
Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Finados en ano descoñecido