Paula Iglesias Rodríguez, nada en Queiruga (O Porto do Son) en 1986, é unha xornalista, directora de cine e produtora galega. Dende a súa produtora Al Borde Films traballa en proxectos con orientación social como Sólo son peces (2019), nomeada aos premios Goya.
Traxectoria Estudou Xornalismo na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela e completou a súa formación en Euskadi. Na súa filmografía destacan Lanbroa (2021), Hondarrak (2022), Noche Salvaje (2021) o documental interactivo Fabricando mujeres ou Flying Hands (2024). Os temas tratados inclúen entre outros a crise de coidados ou as migracións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Produtora Al Borde Films
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1986
Categoría:Nados no Porto do Son
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela