O castro de Ladra é un castro situado na parroquia de Ladra, no concello lucense de Vilalba.
Accédese a el logo de chegar á igrexa de Ladra. Alí xírase á esquerda ata chegar ao lugar de Aguiar, e alí de novo á esquerda.
Descrición Ten forma ovalada e conta cun único muro defensivo. Ten unha extensión de 9550 m2.Sitio web do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
Arqueoloxía Atopáronse restos na croa que proban a súa posterior romanización.
Lendas Existe unha lenda segundo a cal un home atopou unha tesoira de ouro no castro. Pola noite uns descoñecidos petáronlle na porta para pedirlla, e el deúllela por debaixo da porta. Segundo outra lenda o castro comunica baixo terra co castro de Boizán.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo Bibliografía ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995). Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.
Ladra