Xustiza artificial (en ) é un filme hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra. O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento.

Estreouse dobrado en galego en Amazon Prime Video en 5 de decembro de 2024.

Sinopse Nun esforzo por automatizar e despolitizar a xustiza, o Goberno de España prevé substituír os xuíces por software de intelixencia artificial.

Personaxes Verónica Echegui como xuíza Carmen Costa Tamar Novas como Brais Lago Alba Galocha como Alicia Kóvack Alberto Ammann como Alex Lúcia Moniz como Sofía Paula Morado como Manuela Santi Prego como Goitia Ledicia Sola

Produción A película foi producida por Justicia Artificial AIE, Tornasol Media, Abano Producións e Ukbar Filmes, coa participación de RTVE e Prime Video, e co apoio de ICAA e AGADIC.

En novembro de 2022, RTVE informou do inicio da rodaxe en Galiza, gravado na Coruña, Muxía e outras localizacións da Costa da Morte. Foi filmado adicionalmente en Lisboa.

Lanzamento A película tivo a súa estrea mundial en Shanghai, no seu 26º Festival Internacional de Cinema (xuño de 2024).

Foi preestreada o 5 de setembro de 2024 no Teatro Colón da Coruña, e nos cines comerciais en España o 13 de setembro de 2024 con A Contracorriente Films supervisando a distribución no Estado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes dirixidos por Simón Casal Categoría:Filmes rodados en Lisboa Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes xurídicos Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego