Ramón Díaz Hermo, alcumado Merrendes ou Cuevas, nado en Vilagarcía de Arousa o 11 de xuño de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 1945, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Serrador. Militante do Partido Comunista de España. Foi directivo do Ateneo Popular e membro do Sindicato de Peóns (CNT). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no asalto a reitoral de Abalo, levando víveres e queimando unha bandeira monárquica. Detido, foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a cadea perpetua e 100 pesetas de multa. Ingresou no Forte de San Cristovo o 16 de xaneiro de 1937. Saíu en liberdade condicional o 2 de setembro de 1940. Incorporouse á guerrilla. En 1943 participou nun atraco en Lousane con José Vidal Bugallo e Santiago Rey N. e foi detido e condenado a seis anos de prisión. Novamente detido pola Garda Civil de Santiago de Compostela con Santiago Rey N., José Vidal Bugallo e José María Rodríguez Eiras. Foron xulgados en consello de guerra en Santiago de Compostela pola causa 259/44 o 9 de decembro de 1944. O fiscal pediu pena de morte para todos eles, excepto para Rodríguez Eiras.El Correo Gallego, 10-12-1944, p. 2. Foi executado en Santiago de Compostela con Santiago Rey N. ás 8 da mañá do 19 de febreiro de 1945.La Voz de Galicia, 20-2-1945, p. 4. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes