Iván Fernández Anaya, nado en Vitoria-Gasteiz no 10 de xuño de 1988 é un deportista vasco, especializado en carreiras de cross de montaña.
Antes de 2016, competiu en maratóns. No primeiro intento case conseguiu o seu obxectivo, cunha marca de 2h12'55'' e estivo preto de ir aos Xogos Olímpicos do Río de Xaneiro, pero a pesar da marca mínima, acabou sen praza. Tamén acadou a marca mínima para os Xogos Olímpicos de Tokio.
Nun vídeo que se fixo viral en xaneiro de 2013, o atleta Abel Mutai pasouse antes da meta tras malinterpretar a sinalización, Fernández, que o seguía, decatouse diso e en lugar de pasar a Mutai e gañar a carreira, díxolle a Mutai que marchase por diante del até a meta, na proba de Campo a Través de Burlada. O comportamento do deportista foi eloxiado a nivel mundial.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
"Medalla de Oro en honradez" (Vídeo: entrevista en antena3.com)
Categoría:Deportistas do País Vasco Categoría:Atletas de España