Ixnay on the Hombre é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock The Offspring, publicado o 4 de febreiro de 1997 a través do selo Columbia Records, sendo o seu primeiro traballo con esta discográfica. Tras o enorme éxito comercial do seu anterior disco, Smash (1994), a banda entrou no estudio a mediados de 1996 para gravar un novo álbum. O título combina Pig Latin ("Ixnay" é a versión da palabra "nix", familiar en películas de Hollywood dos 40 e que significa "nada") e español ("hombre", "home") para trasmitir a mensaxe "que se foda o Home", e "que se foda a autoridade".Heflon, Scott. "The Offspring - an Interview with Noodles (guitar/vocals)". Lollipop

Ixnay on the Hombre tivo un éxito comercial moderado tras o seu lanzamento, estreándose no número 9 da lista estadounidense Billboard 200, e foi ben recibido tanto por críticos como por fans. En abril de 1997 foi certificado platino pola RIAA por vender máis dun millón de copias nos Estados Unidos, e ten vendido máis de 3 millóns de copias en todo o mundo. Lanzáronse catro sinxelos do álbum: "All I Want", "Gone Away", "The Meaning of Life", e "I Choose".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de The Offspring Categoría:Álbums musicais de 1997 Categoría:Álbums de Columbia Records Categoría:Álbums de Epitaph Records