A lingua toba é unha lingua indíxena da familia guaicuruana falada polo pobo toba de América do Sur. A lingua é coñecida por gran variedade de nomes, como qom ou kom, chaco sur e toba sur. Na Arxentina, é falada de maneira dispersa nas rexións orientais das provincias de Formosa e o Chaco, onde residen a maioría dos aproximadamente 19.810 falantes. Hai tamén 146 falantes de toba en Bolivia onde é coñecida como qom e en Paraguai onde é tamén coñecida como qob ou toba-qom. O toba está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
En 2010, a provincia do Chaco na Arxentina declarou o qom como unha das catro linguas oficiais da provincia, xunto co castelán, o moqoit e o wichí.Link
Notas
Categoría:Linguas guaicuruanas Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas de Bolivia Categoría:Linguas de Paraguai