Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).
Toponimia A orixe do topónimo Outeiro é o latín , que é unha parte alta ou elevación do terreo.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
Historia Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai gran número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.
As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.
A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución dalgunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.
A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando ao denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astariz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.
No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.
A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais: Pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), orixe dos Gayoso. Casa Forte de Outeiro de Rei, orixinaria do século XV da familia irlandesa O´Kelly e posteriormente dos Gayoso. Casa-torre da Barreira do 1575. Pazo de Guevara, de finais do século XVII dos Pardo-Rivadeneira.
En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII, así como un regato chamado o regato do Cepelo, que é moi querido polos veciños. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas.
Poboación
Censo total 2016 5.047 habitantes Menores de 15 anos 559 (11,08%) Entre 15 e 64 anos 3.201 (63.47 %) Maiores de 65 anos 1.283 (25,4 %)
Economía A poboación ocupada no sector servizos é maioría 48,47 % Sector secundario 30,17 % Sector primario, que segue a ter un peso relevante na economía municipal da emprego ao 21,3 %
As principais industrias do concello son: Na parroquia de Robra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.L. ten instalada unha central eléctrica aproveitando o Salto do Piago. Zona Industrial de Outeiro de Rei, alí están as empresas: Coren, Norpresa, Polinox ou Ben Alonso. Na N-VI está Corporación Alimentaria Peñasanta e Alimentos Lácteos S.A.
Parques zoolóxicos Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.
Parroquias
Lugares de Outeiro de Rei Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Outeiro de Rei Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía