Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).
Xeografía O concello esténdese nas abas dos contrafortes da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.
As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.
Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azúmara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.
Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos
O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 °C; no verán a temperatura é suave (16 °C); 136 días ao ano hai xeada.
Poboación
A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:
Censo total 1.738 (2014) Menores de 15 anos 128 (7,36 %) Entre 15 e 64 anos 982 (56,50 %) Maiores de 65 anos 628 (36,13 %)
Historia A poboación prehistórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castrosPol O Noso Patrimonio. Os castros que se distinguen no concello: Castromaior Finca dos Castros e Chousa do Cura (Arcos de Frades) Brea e Os Catros (Caraño) Os Castros (Carazo) A Croa (Rois-Cirio) Ferreiros e A Santa (Ferreiros) Hermunde (Hermunde) Trasín (Luaces) A Troia (Pol) Lúa (San Martiño de Lúa) A Poula (San Martiño de Ferreiros) Andión, Fonfría e Pozo dos Castros (Silva) Igrexa (Suegos) As Croas (Torneiros) Valonga (xunto a igrexa parroquial-Valonga). Tense constancia de mámoas nos seguintes lugares: Devesa e Rega da Xesteira (Arcos de Frades) Medorra da Capela e Veiga (Carazo) Ferreiros (San Martiño de Ferrreiros) O Caxigo e Medorra da Raíña (O Caxigo-Fraialde) Campo das Medorras (O Pacio-Gondel) Hermunde (Hermunde) Campo das Medorras e Grandas de Mosteiro (Mosteiro) Pedro Canto (Monte de Pereiro-San Martiño de Lúa) Acebreira e Campolongo (San Martiño de Lúa) Chafarica (San Martiño de Ferreiros) Fonfría e Cruz de Ventín (Silva) Cadoira e O Real (Torneiros) Balindos (A Poula-Valonga) Campo das Medorras e Pedralba (Valonga) Alto de Campeliños Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara a Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..
Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Hermunde. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.
O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces (conde de Altamira), Lea (conde de Graxal) e Meira (señorío do Real Colexio de Meira). Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
Galería de imaxes
Lugares de Pol Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Categoría:Pol