Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.
Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é para o feminino ou para o masculino.
Poboación
Censo Total (Habitantes) 9.117 (2014) Menores de 15 anos 956 (10.48 %) Entre 15 e 64 anos 5.561 (60.99 %) Maiores de 65 anos 2.600 (28.52 %)
Clima O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións no outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.
Historia Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.
No século XIII o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. A primeira localización correspondíase coa parte sur do actual. En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.
A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1543 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, o Vello, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.
esquerda|miniatura|Vista de Muros por Mariano Ramón Sánchez (1792-1793).
En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila empresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisionomía da vila.
A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co seu séquito.
En Muros publicáronse os periódicos El Pueblo Muradano, La Liga de Amigos e La Integridad Muradana.
En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño».
Muros na literatura popular Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: á Muros.. Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: Héime. Santiago de Louro é unha parroquia do concello de Muros.. Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 168. No texto: c-unha.. Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. No texto: pol-o, rifóume, díume.. Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.. Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: bós. Segundo Eladio Rodríguez, chámase baloqueiro á persoa moi aficionada ás balocas (castañas ou patacas) cocidas.. Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar do Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.. Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.. Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando co Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Muros Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Muros
Categoría:Muros