Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2021 tiña 6.150 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O xentilicio é «» ou «».
Xeografía Outes ten unha superficie de 99,74 km², e abrangue 11 parroquias. Limita ao norte con Mazaricos e Negreira, ao sur co río Tambre (e a súa desembocadura na ría de Muros e Noia), ao leste con Noia e ao oeste con Muros. A capital municipal está na Serra de Outes.
Ten unha elevada altitude media, con cinco cumios que roldan os 500 metros de altitude, sendo o monte Tremuzo o punto máis alto.
Outes conta cun clima oceánico húmido debido á proximidade do océano Atlántico. As precipitacións son maiores durante os meses de novembro a marzo, pero no verán soben as temperaturas e as choivas son escasas debido á presenza case constante do anticiclón dos Azores.
Historia O territorio de Outes foi habitado desde tempos remotos, como testemuñan os restos de megálitos, petróglifos e poboados castrexos. Trala romanización de Galicia e a chegada dos suevos, na Idade Media a zona sufriu ataques de viquingos e piratas musulmáns. O arcebispo Diego Xelmírez equipou unha frota para combatelos.
Economía Na economía de Outes destaca o sector primario (pesca, marisqueo, gandería e agricultura), pois dende séculos atrás as actividades agropecuarias veñen ocupando a maior parte da poboación activa. Respecto á gandería, actualmente hai varias explotacións de coellos e ovellas, sendo máis importantes as explotacións de gando vacún, dedicadas á produción de leite e carne. O sector pesqueiro concéntrase en boa medida nos peiraos de Freixo e San Cosme.
O sector secundario tamén ten certo peso, destacando catro sectores na produción industrial: serradoiros, estaleiros, formigón e construción.
Demografía A cifra máis alta de poboación acadouse a mediados do século XX, en 1950, con 11.303 habitantes. Posteriormente foi descendendo a un ritmo do 7 % cada década, debido primeiro ao aumento da emigración cara a outros países de Europa, e despois aos EUA e as illas Canarias, tendo 9.968 habitantes en 1970. Na actualidade a cifra de habitantes segue a descender cada ano.
Censo total 2014 6.804 habitantes Menores de 15 anos 578 (8.49 %) Entre 15 e 64 anos 3.974 (58.41 %) Maiores de 65 anos 2.256 (33.16 %)
Cultura O poeta Francisco Añón, un dos precursores do Rexurdimento galego, era da aldea de Boel. Entre outras actividades, o concello organiza anualmente o Certame de poesía Francisco Añón.
A súa irmá foi Nicolasa Añón, autora duns poemas que se atoparon casualmente en 2012, polo escritor Ramón Blanco Fernández, cando presentaba na Serra de Outes un libro seu sobre Francisco Añón. En 2014, a Asociación Cultural Terra de Outes publicou un libro profundando na súa historia.
No 1905 nace Arximiro Suárez, un destacado mestre e pintor da comarca.
O sombreiro de labranza sancosmeiro, orixinario da parroquia de Santo Ourente de Entíns, é un símbolo de identidade do municipio. Durante moitos anos o maior galardón entregado polo concello era o Sancosmeiro de Ouro, un certame anual que escollía o premiado no pleno municipal.
Festas grandes das parroquias +ParroquiaOnomásticaDataTarásSan Xián9 de xaneiroCandoSan Tirso28 de xaneiroRooSan Xoán24 de xuñoOutesSan Pedro29 de xuñoMatasueiroSan Lourenzo10 de agostoEntínsSanta María15 de agostoSanto Ourente de EntínsSanto Ourente26 de agostoSan Cosme de OuteiroSan Cosme27 de setembroValadaresSan Miguel29 de setembroFreixo de SabardésSan Xoán Evanxelista27 de decembro
Festas do concello +Nome da festaTipoDataDescipciónSantiaguiñoFesta grande do concello25 de xullo (Adoita comezar antes)San CristovoFesta municipalDomingo mais próximo ao día do Apóstolo.Festa con gran valor tradicional no concello. Desfile de vehículos engalanados e sardiñada popular.San CampioRomaría29 de setembroUnha das romarías mais famosas da zona. A tradición conta que o santo axuda ás persoas con enfermidades nerviosas ou mentais (mal cativo) ou o demo metido no corpo.PampallínFesta tradicional/Verbena30 de abrilUnha das festas que quizais sexan mais ancestrais aínda que ultimamente non se conserve debidamente a tradición. Unha festa de fertilidade para a colleita e que xira arredor do poder do lume.Festa da vitallaIrmandamento con BoticasPrimeira quincena de setembroCociñeiros do pobo irmandado veñen á horta do muíño a preparar carne de becerro asado.Amencer Musical de BroñaFestival musicalPrimeiro sabado de agosto
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Outes Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outes vexa: Lugares de Outes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Outes
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Outes