Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Linda ao norte cos municipios de Lousame e Rois, ao oeste con Boiro, ao leste con Dodro e Catoira a través da Ponte de Catoira sobre o río Ulla, e ao sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.

Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km² e unha superficie de 58,8 km².

O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.

Xeografía Situación O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.

Demografía

Censo total 11.386 (2015) Menores de 15 anos 1.454 (12.77 %) Entre 15 e 64 anos 7.165 (62.93 %) Maiores de 65 anos 2.767 (24.3 %)

Historia Prehistoria Existen probas que demostran que o actual territorio de Rianxo xa estaba poboado no Neolítico, 4000 anos a. e. c. Nas ladeiras do monte Lioira, entre as parroquias de Leiro e Asados, atópase unha necrópole megalítica con máis de vinte túmulos. Na localidade de alto de Burés apareceron oito mámoas e outras seis no Campiño.

O declive da cultura megalítica comezou a finais do III milenio a. e. c. deixando paso á Idade de Bronce, da que se conservan en Rianxo varios vestixios; entre eles, uns puñais de espeto, atopados no monte Lioira, e mais o casco de Leiro, un cunco de lámina de ouro con decoración astral atopado na praia de Leiro. Da Idade de Bronce tamén se atopan na parroquia de Isorna varios gravados e petróglifos.

Idade Antiga A cultura castrexa desenvólvese dende o final da Idade de Bronce até o século VI. Desta época consérvanse polo menos 10 castros, abandonados coa chegada dos romanos.

A conquista romana de Galicia foi máis prolongada ca no resto da Península por mor da súa situación xeográfica e á súa accidentada xeografía.

A presenza dos romanos en Rianxo fica demostrada pola Via per Loca Maritima de Caldas a Betanzos cuxo percorrido se supón que discorre bordeando a beira dereita do río Ulla por Rianxo e da que non se teñen localizados restos certos. Citar tamén o achado en 2006 nunha casa de Taragoña dunha estela funeraria. Tamén polo achado en 2010 de catro enterramentos con restos óseos de tres individuos no seu interior e datados entre o século III e o século V da nosa era.

Idade Media Rianxo atópase moi próximo a Santiago de Compostela, xusto en fronte das torres do Oeste en Catoira, na outra beira do río Ulla. O Ulla é un río navegábel para barcos de pouco calado até Iria, polo que Rianxo tivo que soportar as continuas incursións dos normandos, que se produciron entre os séculos IX e XI, que pretendían chegar dende Iria a Compostela.

No ano 934, a vila de Rianxo e todas as súas posesións foron transferidas a Santiago como privilexio outorgado polo rei Ramiro II. Un século máis tarde, en 1057, Alonso V e o bispo Hermenexildo confirmaban a xurisdición compostelá sobre Rianxo. No século XI, cando comezou o feudalismo en Galiza, Rianxo converteuse na cabeza da xurisdición eclesiástica exercida pola Mitra Compostelá que cobraba décimos de mar e outras rendas aos rianxeiros. O apoxeo compostelán continuou ao longo dos séculos XII e XIII, deixando unha profunda pegada en Rianxo.

O primeiro señor de Rianxo foi o almirante Paio Gómez Chariño. Chariño tomou parte na conquista de Sevilla como quinto almirante de Castela ao mando das naves galegas. Era ademais un recoñecido poeta e trobador. Pertencía á liñaxe dos Soutomaior e entre as súas propiedades destaca o Castelo da Lúa, fortaleza situada na desembocadura do río Te, da que hoxe só se conservan os alicerces. Esta torre-fortaleza foi o principal baluarte defensivo de Rianxo durante a Idade Media. Finalmente, Pai Gómez Chariño foi asasinado en 1295 e soterrado en San Francisco de Pontevedra.

O señorío de Rianxo estivo en mans dos Chariño até despois das Revoltas Irmandiñas do século XV. Tras longos preitos, outorgarase de novo o señorío á Mitra Compostelá en 1532.

Idade Moderna A Mitra Compostelá exerceu a súa xurisdición en Rianxo dende 1532 até ben entrado 1814. Durante esta época e ao abrigo da Mitra xurdiron as liñaxes máis ilustres de Rianxo: os Torrado e a familia Bastón cuxas posesións a día de hoxe forman parte do patrimonio artístico de Rianxo.

Tamén no século XVI, concretamente entre 1580 e 1590, tivo lugar unha vaga de peste que devastou a rexión, matando a moitos habitantes.

No ámbito nobiliario, cómpre salientar a presenza da liñaxe dos Soutomaior, descendentes do almirante Pai Gómez Chariño, entre os que destaca Paio Gómez de Soutomaior quen mandou erguer no século XV unha edificación coñecida como Torre dos Soutomaior. Séculos máis tarde, xa no XVII, Juan Faxardo de Andrade ampliou aquela construción orixinal tras casar con María Álvarez de Soutomaior, descendente directa do almirante Chariño e propietaria da torre. O resultado foi o actual Pazo de Martelo, situado fronte á igrexa de Santa Comba e á Praza de Rafael Dieste, exemplo da arquitectura señorial galega con escudos dos Varela, Figueroa, Andrade e Soutomaior. Este edificio foi rehabilitado polo Concello de Rianxo en 1983 para albergar a Biblioteca Municipal, e posteriormente reconstruído en 2024 cun proxecto que buscou recuperar o seu aspecto previo á intervención de finais do século XX, mantendo os elementos estruturais e heráldicos orixinais.

Idade Contemporánea miniatura|200px|Casa de Castelao en Rianxo, localizada na rúa de Abaixo. A parte final do século XIX e os comezos do XX caracterizáronse en Rianxo pola presenza dun activo movemento cultural e político. Rianxo está relacionado con nomes tan importantes para a cultura galega como Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Brea Segade, Eduardo Dieste ou Xosé Arcos Moldes entre outros. Todos eles estaban fortemente vencellados ao galeguismo, movemento integrado nas Irmandades da Fala e estreitamente relacionado coa corrente populista As Ligas Agrarias.

Con Castelao á cabeza, fundaron a revista El barbero municipal, unha publicación que trataba de fomentar a unión da mocidade rianxeira e que se editou dende 1910 a 1914. Case todos os intelectuais locais deixaron Rianxo por motivos políticos, exiliándose durante a guerra civil ou a posguerra en Suramérica.

Cultura

Toponimia O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».

Patrimonio A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o hórreo máis grande de toda Galicia,http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 O hórreo máis grande en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradoiros do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse numerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila.Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.

Etnografía Festas e celebracións Festa da Guadalupe

Folclore Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.

Rianxo na literatura popular Cantigueiro A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros.A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a. Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo.Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: Ahí, ven, pol-a. Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira.Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ven, pol-a, ô. Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño.Fermín Bouza Brey 1929, 202. As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ tócalle o pito, Farruco!.José Pérez Ballesteros, II, 54,17. No orixinal: tócall'o pito.Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: neniñas, ô cuco. As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa. Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada.Lino Lema Bouzas, 13. No orixinal: asexo. Pescar ó axexo é facelo desde o solpor ata que se fai noite; e pescar á luzada é facelo ó mencer. De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda.Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: Noya. Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo.Fermín Bouza-Brey 1929, 166. En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna.Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán. Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño.Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Teayo. Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña.Fermín Bouza-Brey 1929, 172. Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro.Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey 1929, 162. Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo.Fermín Bouza-Brey 1929, 184. Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño.Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 184. Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía.Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. No orixinal: de unha, de outra. Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá.O río Te (ou río da Torre) atravesa a parroquia de Taragoña, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.

Economía