Tui é un concello galego da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño da que é capital. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833, da provincia de Tui. Segundo o IGE a súa poboación en 2016 era de 16.966 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .
Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.
Xeografía Situación O concello está emprazado no suroeste de Galicia, límitando ao sur co Río Miño e ao norte coa Serra do Galiñeiro e o Val da Louriña.
Noroeste: Gondomar Norte: O Porriño Nordeste: Salceda de Caselas Oeste: Tomiño 75px Leste: Salvaterra de Miño Suroeste: Tomiño Sur: Valença do Minho Sueste: Valença do Minho
A súa superficie é de 68,3 km², e limita polo norte co Porriño e Gondomar, polo leste con Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas, polo sur con Valença do Minho (Portugal) polo oeste con Tomiño, estando dividido en 155 entidades singulares agrupadas en doce parroquias. A parroquia de Tui é, xunto con algunhas zonas lindantes de Pazos de Reis e Rebordáns, a única de carácter urbano. O resto das parroquias son rurais ou rururbanas. Estas parroquias son Areas, Randufe, Rebordáns, Pesegueiro, Malvas, Ribadelouro, Guillarei, Caldelas de Miño, Baldráns, Paramos e Pazos de Reis. Esta última é, ademais, unha entidade local menor.
Clima O clima do concello é de carácter oceánico con forte influencia mediterránea. Caracterízase por uns invernos suaves e chuviosos e uns veráns calorosos mais non extremos, xa que as temperaturas non adoitan superar os 35 °C. As xeadas son escasas no val e máis comúns nas zonas de maior altura. Hai unha media de 20,4 días ao ano con mínimas inferiores aos 0 °C e 98,1 días con temperaturas máximas superiores a 25 °C. Adoita haber seca estival nos dous meses máis cálidos do verán. As precipitacións son elevadas, cunha media anual de 1.633 mm.Atlas Climático de España, Informe sobre o concello de Tui. AEMET. Segundo a clasificación de Köppen é un clima Csb, é dicir, morno con verán seco e suave, tamén coñecido coma clima mediterráneo de veráns frescosClasificación climática de Köppen . Goberno de Navarra., típico de varias zonas das provincias de Ourense e PontevedraMachado Siqueira, G. (2017). Variabilidad espacial de la temperatura en Galicia a escala mensual. Universidade da Coruña. Pp. 62-63.. É un concello moi soleado, con entre 2.200 e 2.400 horas de sol anuais, entre as cifras máis altas de Galiza. <center> {|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Tui (valores medios do concello) |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,1 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,8 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 17,4 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,7 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 21,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 25,2 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 28,0 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 28,1 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 25,7 | style="background: #FFAA00; color:#000000;" | 20,6 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 16,4 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,9 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 20,2 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 8,2 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,5 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,7 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,2 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 18,7 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 21,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 21,0 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 19,1 | style="background: #FFCC11; color:#000000;" | 15,2 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 11,4 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,3 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 14,4 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 3,3 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 4,1 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 5,1 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,7 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,4 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 14,3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 13,9 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 12,6 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 9,7 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 6,4 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 4,8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 8,5 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" | Precipitacións (mm) | style="background: #4169A9;" | 216 | style="background: #4169E5;" | 184 | style="background: #4169E5;" | 119 | style="background: #4169E5;" | 129 | style="background: #4169E5;" | 122 | style="background: #6495ED;" | 57 | style="background: #87CEEB;" | 29 | style="background: #87CEEB;" | 34 | style="background: #6495ED;" | 99 | style="background: #4169E5;" | 182 | style="background: #4169E5;" | 193 | style="background: #4169A9;" | 263 | style="background: #FFFFFF;" | 1633 |- | colspan="14" style="text-align:center;font-size:90%;"|Fonte: Atlas Climático de España, Informe sobre o concello de Tui - AEMET |} </center>
Demografía
312x312px|miniatura|Casa do concello de Tui A poboación de Tui variou ó longo da historia dependendo de factores externos e internos, coma as crises e consecuentes emigracións do século XIX, a guerra civil, ou o auxe do comercio con Portugal. Esta foi a súa evolución, segundo datos do INE:
Censo total 2018 16.902 habitantes Menores de 15 anos 2.541 (15.03 %) Entre 15 e 64 anos 10.779 (63.77 %) Maiores de 65 anos 3.582 (21.19 %)
Evolución da poboación de dende 1877 1877 1887 1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011 2014 2015 2016 2017 2018 12.039 11.462 11.524 11.631 12.907 13.484 12.602 14.012 13.738 13.331 13.189 15.076 15.242 16.042 17.236 16.884 17.013 16.966 16.860 16.902 Fontes: INE e IGE (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Inmigración Principais nacionalidadesestranxeiras (2018)PosiciónNacionalidadePoboación1ª4602ª1473ª464ª205ª206ª197ª188ª179ª1610ª14 Tui ten 868 veciños de nacionalidade non española, o 5,1% do total da poboación. Máis da metade dos estranxeiros son de nacionalidade portuguesa. A poboación estranxeira creceu de maneira exponencial entre 1998 e 2009, a causa do boom económico do momento. Neste período a poboación estranxeira aumentou dunha cifra de apenas 254 (dos cales 169 eran portugueses) no 200 a 892 en 2010. Destaca o gran crecemento nestes 10 anos dalgunhas comunidades, como a marroquí, que pasou de 0 membros no 2000 a 184 só 10 anos despois. Co cambio de década a poboación estranxeira reduciuse lixeiramente, até os 868 actuais.
División administrativa
miniatura|356x356px|Mapa da división parroquial do concello. Tui divídese en 13 parroquias. Tui (O Sagrario) é a parroquia máis pequena, máis poboada e onde se localiza a sede municipal. A parroquia de maior superficie, Reboreda. Á súa vez, cada parroquia divídese en varios núcleos de poboación, coñecidos como entidades singulares e a nivel popular como barrios, aldeas ou lugares. Hai un total de 155 entidades singulares en Tui,.
# Parroquia Entidades menores (lugares) Superficie(km²) Poboación(hab) 1 Areas O Adro, Anta, A Bouza Valada, O Carballo, Os Gaios, O Regueiro e A Toxeira 3,9 837 2 Baldráns A Carballiza, O Cerqueiro, O Facho, A Igrexa, A Malladoura, A Parceira, O Rapado, A Teixeira e As Veigas 2,8 480 3 Caldelas de Miño Os Baños, O Calvario, O Coello, Engarde, O Foxo, Os Gaios, A Igrexa, O Monte, O Monteiro, As Peteiras, O Piñeiro, O Pozón, O Seixal, O Souto de Arriba, O Souto de Engarde e A Telleira 3,3 847 4 Guillarei Albelos, A Arrotea, O Calvario, As Cegoñeiras, Os Eidos, A Estación, A Fenteira, A Fonte, A Gándara, A Igrexa, A Millada, O Outeiro, As Penizas, As Peteiras, A Pinza, O Pombal, A Ponte Nova, Ribe, Rodas, Sobredo, O Souto, A Teixugueira e A Torre 7,3 1.866 5 Malvas A Cruz, A Devesa, A Estrada, O Guindal, Paderne, Recarei e Sambade 9,0 387 6 Paramos Os Campos, A Cancela, A Igrexa, As Laxes, O Outeiro, A Praza, O Rapadouro, O Regueiro, San Queitán e A Torre 2,4 550 7 Pazos de Reis O Anxo, Circos, O Eirado, Frinxo, Herdeiros, Os Muíños, A Poboanza, A Porteliña, Ricamonde e O Seixal 4,3 1.122 8 Pesegueiro Carraveda, A Corredoura, A Fonte Seca, O Foxo, O Marco da Fontela, O Monte, O Mosteiro, Palláns, A Pereira, A Regueira, Saídes, A Salgosa, O Souto, Vilanova e Vilapouca 8,8 451 9 Randufe A Abelleira, Arcos, Bermún, As Bornetas, O Camiño Branco, Casas Novas, A Chan do Carrasco, As Corvaceiras, Cotarel, Coto de Gaio, O Cruceiro do Monte, Os Dices, A Estrada, O Gateño, A Guía, A Leiriña, O Lugariño, O Matelo, O Montiño, O Outeiro, O Pociño, Os Postes, As Quiringostas, O Remesal, Sombraboa, O Souto e As Valiñas 7,3 2.165 10 Rebordáns O Arroio, Curuxeiras, A Devesa, O Foxo, O Funchal, As Laranxeiras, A Lavandeira, A Manteigada, O Montiño, O Outeiro, Paredes, A Pesegueira, O Telleiro, Vilanova e A Virxe do Camiño 9,6 1.222 11 Ribadelouro O Barreiro, Bouzón, O Castro, A Costa, O Cotarel, O Cruceiro, A Eira Vella, Espendelo, A Farrapa, A Fernal, A Fonte, A Gándara, A Madanela, O Mallón, Marxiáns, O Monte, Mourentán, A Oia, O Porto de Bouzas, San Simón e Vides 8,3 850 12 Tui 15px (centro urbano). O Arrabal, As Bornetas, Remuíños, O Rollo, San Bartolomeu, A Sarabia, As Serpes e Tui 1,4 6.125
Historia Da prehistoria á romanización A zona de Tui foi habitada desde a prehistoria, a xulgar polos sitios arqueolóxicos encontrados durante a construción da autovía a Vigo, xusto no límite co concello do Porriño, datados no paleolítico inferior.
O fértil val do río Miño e as súas condicións naturais permitiron acoller no territorio tudense asentamentos humanos desde tempos remotos. Consérvanse vestixios da época paleolítica (hai 22.000 anos) dos socalcos fluviais do Miño e do río Louro; tamén de época neolítica (hai 7.000 anos), coma a machada de Carrasqueira (Paramos) e monumentos megalíticos (Anta, Areas). A introdución da metalurxia hai 6.000 anos deixou testemuños, coma o casco de bronce ou as machadas de Caldelas de Miño (hoxe no Museo Diocesano tudense) ou os gravados rupestres de Randufe.