O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca homónima. Segundo o INE en 2022 tiña 13.932 habitantes. O xentilicio é .
Xeografía Está situado nunha penechaira rodeada pola serra do Faro e o val do río Avia. Pola vila pasa o principal río da comarca, o Arenteiro, do que son afluentes o Pedríña, Oseira e Marañao. Outros cursos fluviais do concello son o Carrás e o rego de Varille ou Carpacedo.
O punto máis alto do concello é o Pico Seco (908 m), sito na Serra da Madanela; na estrema ou trifinio cos concellos do Irixo e Piñor. Outros cumes destacados son o Pico da Peniza, tamén na Serra da Madanela, e a Pena Cobertoira, ao suroeste do núcleo urbano.
Demografía O Carballiño é o segundo concello máis poboado da provincia de Ourense.
Censo total 13 999 (2015) Menores de 15 anos 1721 (12,29 %) Entre 15 e 64 anos 8494 (60,68 %) Maiores de 65 anos 3784 (27,03 %)
Fonte INE; 1857-2011
Historia A poboación do Carballiño naceu a mediados do século XVIII. Daquela o lugar pertencía á parroquia de Señorín, dependente da xurisdición de Partovia, e esta á súa vez do mosteiro de Oseira. Comezou a celebrarse no lugar unha feira para acadar beneficios económicos, en contraposición a outras feiras celebradas nas xurisdicións da contorna, pertencentes ao Conde de Ribadavia e a outros mosteiros.
Aos poucos os feirantes fóronse asentando no lugar. A comezos do século XIX comezou a existir unha burguesía local. A botica dos Fernández deu aos seus propietarios diñeiro que foi investido en diferentes eidos. A familia emparentouse con estirpes nobiliarias vidas a menos e introduciuse na vida política liberal da comarca.
A vila está atravesada pola estrada N-541 que une Ourense e Pontevedra. Amais, está comunicada a través da AG-54 coa autovía AG-53.
Cultura No Carballiño celébranse as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).
Festas Festa do polbo - 2º domingo de agosto. Festas patronais do San Cibrao, (festas do setembro).
Deporte O Club Deportivo Arenteiro é o principal club de fútbol da cidade; en 2023 o equipo masculino ascendeu á Primeira División RFEF. O Sporting Carballiño, fundado en 2012, é o outro club da vila e xoga na Primeira Galicia.
O Carballiño FS xoga na terceira división de fútbol sala.
O Carballiño na literatura popular O cantar do arrieiro/ é un cantar moi baixiño,/ cántase en Ribadavia,/ retumba no Carballiño <ref>Gran Enciclopedia Galega: s. v. arrieiro.</ref>. O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ óuvese no Carballiño Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 115.. O cantar dos arrieiros/ é un cantar moi delgadiño:/ cántano en Ribadavia,/ resoa no Carballiño . Si tu víra-lo que eu vin/ na feira do Carballiño,/ vinte cinco xastres xuntos/ bebendo un neto de viño'' Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Si tu vira lo que vin/ na feyra do Carballiño,/ vinte cinco xastres juntos/ bebend'un neto de viño..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares do Carballiño Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Carballiño vexa: Lugares do Carballiño.
Notas
Véxase tamén
Categoría:O Carballiño