Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .

A capital municipal sitúase no lugar do Arrabal.

Xeografía Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polos contrafortes en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.

Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (Alto da Gabiñeira, 610 m) e no monte Pedrada (518 m). Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

Demografía Censo total 2014 3.042 habitantes Menores de 15 anos 378 (12.43 %) Entre 15 e 64 anos 1.967 (64.66 %) Maiores de 65 anos 697 (22.91 %)

Historia Da Idade de Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro, tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis"Oia permite arramplar cun xacemento rupestre para a plantación de kiwis", Vieiros, 30 de abril de 2010..

Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).

Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernaldo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.

O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Cultura Toponimia O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergameo solto datado en 1137RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.

A etimoloxía segundo o toponimista Edelmiro Bascuas faría referencia á auga (hidrotopónimo), e viría de formas paleoeuropeas *ugwia ou *udia, derivadas á súa vez dunha raíz *wegw‑ co significado de ‘húmido’. Polo tanto, estariamos ante un topónimo prerromano que faría referencia a ‘lugares húmidos” ou “con abundancia de auga’Orixe do topónimo no artigo do Portal das Palabras da RAG>.

Patrimonio Patrimonio arqueolóxico Os lugares máis relevantes por parroquia de norte a sur sonSegundo o visor de mapas da Xunta:

Mougás Xacemento medieval Outeiro do Home Petróglifos do (Alto do) PousiñoRuta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa superior en imaxe Petróglifos de Bouza Fariña Petróglifo(s) de Pedra LanRuta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa inferior, tamén en WikiLoc (por baixo do de Bouza Fariña, case en AxuncheiroAxuncheiro, segundo o mapa-base vectorial do visor de mapas da Xunta, é un microtopónimo xa onda o río (de) Mougás, ó norte das localidades de Bragadela e A Granxa.) Castro de Castelo Fariña (ou Castro da Cabeciña) Petróglifos da Cabeciña Petróglifos da Cerradiña Petróglifo(s) de Outeiro da Cheira ou da Casa Forestal (no cruzamento) Petróglifo(s) das Goteiras (onda as casas) Gravado rupestre Coto dos Mouros No visor, por riba da estrada ou Castro/Fortificación Cano dos Mouros Castro das Chans Mougás-Viladesuso Petróglifos de Senín Viladesuso Castro de Viladesuso Petróglifos das Fontes Pedornes Petróglifos de Pousadela O Castro (en Pedornes) Monte do Castro (en Vilar) Pedornes-Oia Petróglifos de Auga dos Cebros 1-2/Viveiro 6Patrimonio arqueolóxico na páxina do concello de Oia Petróglifos do Viveiro I (ó NEE do anterior) Petróglifos do Viveiro II (ó SE do mesmo) Petróglifo(s) de Figueirido ou Auga dos Cebros (probablemente en conxunto cos anteriores pero con outra denominación) Petróglifo(s) do Alto do Visiño ou A Xestosiña Petróglifo(s) dos Outeiros do Morouzo (coa Pedra do Cazador) Pedornes-Burgueira Petróglifos do Alto do Corrubelo Burgueira Mámoas do Areeiro (límite con Belesar, Baiona) Petróglifos do Campo do Ceno Foxo Pedriño (foxo de lobo)Foxo Pedriño en galiciamaxica.eu Petróglifo da Pena Escrita Petróglifos do Alto do Lousado Castelo de TorroñaCastelo de Torroña en turismoriasbaixas.com ou de Lousado Castelo de Lousado en galiciamaxia.eu: o mapa de galiciamaxica.eu indica un punto dunha curva nunha estrada relativa a Loureza. O mapa do visor básico da Xunta indica que entre o Alto do Lousado (onde están os petróglifos do Alto do Lousado mencionados anteriormente) e o curuto onde está o castelo se ubica o topónimo O Castelo do Monte Lousado, de onde poida que veña esta denominación alternativa. O feito de que cando fala do Castelo da Chavella refira que o seu flanco leste está cuberto polo de Lousado, reforza esta identificación. Mámoas de Campo das Barreiriñas Petróglifos das Cabanillas Mámoas de Burgueira Petróglifos da Portela I (ó W de Xiguente) Petróglifos da Portela II (ó S da Portela) Xacemento medieval da Madanela (límite triplo con Tomiño e Barrantes, en Tomiño)Xacemento da Madanela en patrimonio.net Castro A Cividá Burgueira-Loureza Petróglifos de Bonaval Petróglifos do Regueiro de Breto Loureza Petróglifos das Fontiñas Petróglifos Monte da Valga Mámoas Monte da Valga Loureza-Oia Petróglifos do Marco do Castelo Oia Petróglifos do Alto da Pedreira Castro do Bosque Castro da Chavella (no Alto do Castelo) ou Castelo de ChavellaCastelo da Chavella en galiciamaxica.eu

Símbolos O escudo de Oia é en realidade o selo do mosteiro. O concello pediu un deseño alternativo, pendente de aceptación.Información do concello e informe da Comisión de Heráldica

Economía A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.

Colexios CEIP Mestre Manuel García CEIP Refoxos-Loureza

Deportes Oiense Club Fútbol (Fútbol)

Festas Parroquia de Santa María de Oia Romaría de San Sebastián. Celébrase no mes de xaneiro, a fin de semana máis próxima ao día 20. Romaría de Nosa Señora do Mar. Celébrase o luns seguinte ao Domingo de Pentecoste. Romaría de San Cosme e San Damián. O 27 de setembro. Na baixada do mosteiro ao porto hai unha fonte da que segundo a tradición popular os romeiros collían auga polos seus poderes milagreiros.

Galería de imaxes de Oia

Parroquias

Lugares de Oia Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Oia Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía