Boborás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o padrón municipal de habitantes no 2015 a súa poboación era de 2510 persoas (3286 en 2003). Recibe o seu nome da aldea de Boborás, na parroquia de Xuvencos, onde está a casa consistorial. O xentilicio é ou .
Poboación
Censo total 2510 (2015) Menores de 15 anos 142 (5,66 %) Entre 15 e 64 anos 1245 (49,6 %) Maiores de 65 anos 1123 (44,74 %)
Xeografía O concello está situado no noroeste da provincia de Ourense. Ten dúas zonas diferenciadas: no sur abondan as fragas e as vides, e no centro e norte, máis accidentados, predominan os prados. Está atravesado polo río Arenteiro polo norte, e polo Cartelle e o Avia polo sur.
O clima é cálido nos meses de verán e frío e chuvioso nos meses de inverno.
Historia Durante a Idade Media asentáronse na zona diversas ordes relixiosas e militares, coma a Orde do Santo Sepulcro, do Temple ou a Orde de San Xoán de Xerusalén, coñecida tamén como Orde de Malta ou de Rodas. Todas elas deixaron a súa pegada en diferentes construcións civís e relixiosas.
Cultura
Toponimia Procede de *APŎPĔRA cun sufixo abundancial -ALE en plural. Fai referencia á presenza de abóboras. Sufriu apócope do a inicial, que foi reinterpretado como artigo, e aínda se rexistra uso do topónimo co artigo (a Boborás).
Patrimonio histórico e artístico A igrexa de San Xulián de Astureses é un templo románico, edificada polos Templarios no século XII. Ten planta rectangular, cunha ábsida semicircular. A fachada presenta unha ornamentación excelente.
A igrexa de San Martiño de Cameixa mestura varios estilos, destacando a ábsida románica, o reloxo de Sol e os canzorros situados baixo o beiril.
A igrexa de Xuvencos, restaurada no século XVI, e a igrexa de San Mamede de Moldes, construída sobre un castro transformado posteriormente nun camposanto, tamén son de orixe románica.
O pazo de Moldes, situado preto da igrexa de San Mamede, é a casa natal de Antón Losada Diéguez.
O conxunto histórico-artístico de pazos de Arenteiro agrupa a casa de Arriba, Asa e Granxa do Mato, pazo de Cervela, pazo do Currelo, pazo Feixó, pazo de Laxas e pazo de Tizón.
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Boborás
Parroquias
Lugares de Boborás Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boborás vexa: Lugares de Boborás.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Boborás Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía