Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O xentilicio é ou .
Poboación
Censo total 973 (2018) Menores de 15 anos 43 (4,42 %) Entre 15 e 64 anos 467 (48 %) Maiores de 65 anos 463 (47.58 %)
Xeografía O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.
Cultura
Toponimia Procede do nome de posesor de orixe xermánica Viaricus a través do seu xenitivo VIARICI, seguramente nun composto villa Viarici 'vila de Viarico'.
Patrimonio miniatura|200px|Monumento en Beariz No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).
Da Idade de Bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.
Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per cápita máis alta de Galicia.
Recursos naturais No concello hai minas de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a segunda guerra mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillaría, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.
As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.
A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nos cascalleiros os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.
Beariz na cultura popular galega Un dos lugares da parroquia de Xirazga é Correa (ou A Correa). Cóntase que nesas terras se aparecía polas noites o medo, en forma de cabalo e os veciños chamaron ós frades do mosteiro de Aciveiro para que o exconxuraran. Os frades pediron como pago a terra ue ocupase a pel dun becerro, e os veciños aceptaron sen problemas. Os frades exconxuraron o medo e nunca máis se soubo del, pero á hora de cobrar a renda os frades cortaron a pel en correas e foron rodeando con elas unha grande extensión de terra, que é a que hoxe se coñece como campos das Correas.Antonio Reigosa: Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, Xerais, 2014, 219. A mesma lenda corre en Santiago de Compostela para explicar a orixe das terras do convento de San Francisco: aquí foron os monxes franciscanos os que pediron ós monxes bieitos do Mosteiro de San Martiño Pinario, unha terra do grandor dunha pel de boi, para poder cultivar unha horta e sobrevivir (Filgueira Valverde: Adral, Ed. do Castro, Sada 1979, 171-174).
Beariz na literatura popular Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo..
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Beariz Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía