Mondariz Balneario é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o INE en 2021 tiña 675 habitantes. Cunha superficie de 2,3 km² é o concello máis pequeno de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ou troncosiño,-a.
Poboación
Censo total en 2014 682 habitantes Menores de 15 anos 86 (12.61 %) Entre 15 e 64 anos 436 (63.93 %) Maiores de 65 anos 160 (23.46 %)
Historia No termo municipal hai restos dun poboado castrexo no Coto de Cividade. Da época da romanización consérvanse os restos dunha calzada sobre o río Tea.
O concello está situado preto do castelo de Sobroso, polo que a fonte de Gándara adoitaba recibir a visita da nobreza. Segundo a tradición, en 1282 casaron na capela de San Pedro o rei Dinis de Portugal e a infanta Sabela de Portugal.
Durante o Antigo Réxime esta zona pertencía á provincia de Tui, unha das sete do Reino de Galiza. Trala reforma administrativa, o 30 de novembro de 1833 a xurisdición de Sobroso pasou a ser dependente da provincia de Pontevedra. O lugar pertencía aínda á parroquia de Mondariz, até que en 1904 se creou a parroquia de Troncoso.
A comezos do século XX o empresario Enrique Peinador promoveu a recuperación da fonte de Gándara e a creación do balneario, que axiña se converteu nun centro de hospedaxe frecuentado pola burguesía.
Após se constituír como entidade local menor, o 30 de novembro de 1924, co nome da Nosa Señora de Lourdes, a parroquia pasou a formar un concello independente, facendo referencia o seu nome ao balneario de augas medicinais. O 17 de abril de 1925 o rei Afonso XIII concedeulle á vila o título de "Moi Hospitalaria".
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Mondariz Balneario Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondariz Balneario vexa: Lugares de Mondariz Balneario.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía , e (2003): A memoria de Mondariz Balneario. Álbum de Postais. Vigo, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9782-023-3 Mondariz, publicación periódica, desde 1915.
Outros artigos Balneario de Mondariz Campo de Golf Balneario de Mondariz
Ligazóns externas balneariomondariz.es .
Categoría:Parroquias de Mondariz Balneario