O Corgo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.695 habitantes (4.192 no 2006, 4.236 no 2005, 4.264 no 2004, 4.183 no 2003). O xentilicio é . Xeografía Situación O concello do Corgo, de 157,3 km², está situado ao leste de Galicia, na comarca de Lugo. Administrativamente forma parte da provincia de Lugo. Limita ao norte cos concellos de Lugo e Castroverde, ao sur con Láncara e O Páramo, ao leste con Castroverde, Baralla e Láncara, e ao oeste con Guntín e Lugo. A capital do concello está a unha altitude de 441 metros, se ben o concello carece dun núcleo urbano.

Orografía e hidrografía O curso principal é o río Miño, e outros secundarios son o Chamoso, Tordea, Neira, Maceda, Mazandan, Romeán, Amoa e Outeiro. Os cumios máis destacados son Pena de Cruz (783 m), Pena Aguda (722 m), Castro de Croa (651 m), Canteira de Vidueiro (624 m), Pena de Ladrón (502 m), Agra do Outeiro (451 m) e Penas de Canón (431 m), amais das serras de Coedo e de Ferveda.

O espazo natural Miño-Neira forma parte da Rede Mundial de Reservas da Biosfera ao estar incluído no espazo Terras do Miño.

Demografía

Censo total 2014 3.695 habitantes Menores de 15 anos 250 (6.77 %) Entre 15 e 64 anos 2.164 (59.37 %) Maiores de 65 anos 1.281 (34.67 %)

Galería de imaxes

Lugares de Láncara Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares do Corgo.

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais no Corgo Persoeiros destacados Lugares do Corgo

Categoría:O Corgo