tvOS (anteriormente Apple TV Software ) é un sistema operativo desenvolvido por Apple Inc. para o Apple TV, un reprodutor dixital multimedia.
Historia No Apple TV de primeira xeración, o software estaba baseado en Mac OS X. A partir da segunda xeración, o software está baseado no sistema operativo iOS e ten moitas tecnoloxías e conceptos similares. Os Apple TV de segunda e terceira xeración teñen varias aplicacións integradas, pero non admiten aplicacións de terceiros. O 9 de setembro de 2015, Apple anunciou o Apple TV de cuarta xeración, con soporte para aplicacións de terceiros. Apple tamén cambiou o nome do sistema operativo de Apple TV a tvOS, adoptando a nomenclatura camelCase que estaban a usar para os seus outros sistemas operativos, iOS e watchOS.
Notas
Categoría:Sistemas operativos de Apple Inc. Categoría:IOS Categoría:Servizos de streaming