José Otilio Díaz de Verdes, que asinaba como Ojos de Acero, nado en Cospeito o 23 de abril de 1889, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Dono do Pazo de Verdes. Iniciouse como xornalista aos vinte anos colaborando en La Voz de la Verdad de Lugo e El Cruzado de Mondoñedo, para pasar despois a El Ratón de Vilalba. Concelleiro maurista de Cospeito,La Voz de la Verdad, 10-11-1915, p. 2. dirixiu El Lucero (1915-1918). Foi redactor da revista Aurora de Vilalba,La Voz de la Verdad, 11-11-1919, p. 3. e correspondente en Cospeito de El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego, El Progreso, La Voz de la Verdad, La Voz de Galicia e a revista África.BOP Lugo, 13-8-1925, p. 3. Utilizou nun principio o pseudónimo Guiberto que pronto cambiou por Ojos de Acero.El Progreso, 18-11-1927, p. 2. Na República dirixiu os periódicos Canta Claro (1933) e Unión Agraria (1934) de Cospeito. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado da Junta Carlista de Cospeito.La Voz de Galicia, 7-7-1937, p. 5. Foi secretario interino do xulgado municipal de Cospeito nos anos corenta.El Ideal Gallego, 14-5-1944, p. 2. En marzo de 1952 o Concello de Cospeito nomeouno cronista oficial de Cospeito e da Terra Chá.El Ideal Gallego, 19-3-1952, p. 8.El Progreso, 1-4-1952, p. 2. Recoñecementos
O concello de Cospeito dedicoulle unha rúa na Feira do Monte.O pleno de Cospeito debate un orzamento de 4,2 millóns
Vida persoal
Casou con Carmen Paz García, filla de Ramón Paz Lamas, e foi pai de José, María e Jaime Díaz Paz. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Cospeito Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Cospeito Categoría:Nados en 1889