Apocalipse Z: O comezo da fin (en ) é un filme español de 2024 dirixido por Carles Torrens a partir dun guión de Ángel Agudo. O filme baséase na novela homónima de Manel Loureiro e está protagonizado por Francisco Ortiz.

A súa trama trata dos esforzos do protagonista por reunirse coa súa familia mentres unha pandemia global comeza a converter as persoas infectadas en criaturas agresivas.

Estreouse o 31 de outubro de 2024 en Amazon Prime Video, onde conta con versión dobrada e subtitulada en galego.

Sinopse No ano 2024, unha estraña doenza semellante á rabia comeza a estenderse sen freo por todo o planeta, transformando a xente en criaturas extremadamente agresivas. Mais Manel (Francisco Ortiz) leva tempo vivindo a súa propia apocalipse – aínda non superou a perda da súa muller nun accidente do ano pasado, e dende entón vive deprimido e illado da súa familia, xunto con Lúculo, o seu gato, como única compaña. Cando a doenza cobra aínda máis forza, a súa irmá Belén (Marta Poveda) insiste en que deixe Vigo e se reúna con ela nas Canarias, mais o plan fracasa. Manel ten que pecharse na súa casa, recurrindo ao seu enxeño e habilidades para sobrevivir. Porén, el e Lúculo axiña teñen que marchar, e irán atopando compañeiros de viaxe improbables.

Personaxes Francisco Ortiz como Manel José María Yazpik como Pritchenko Berta Vázquez como Lucía Iria del Río como Julia Marta Poveda como Belén Amalia Gómez como Gabriela María Salgueiro como Sor Cecilia Yuri Mikhaylychenko como Ushakov Oriol Ruiz como Mario

Produción O filme é unha produción de Nostromo Pictures, e conta con Adrián Guerra como produtor e a Núria Valls como produtora executiva. A rodaxe realizouse en Vigo incluíndo a Zona Franca, o Porto de Vigo e o Hospital do Meixoeiro.

Estrea O filme esteouse internacionalmente na 57ª edición do Festival de Cinema de Sitges o 5 de outubro de 2024, antes de estrearse en liña o 31 de outubro de 2024 en Amazon Prime Video.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes de Nostromo Pictures Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego