Joseph Gordon Coates, nado en Hukatere, rexión de Northland, o 3 de febreiro de 1878 e finado en Wellington o 27 de maio de 1943, foi un político neozelandés, o vixésimo primeiro en ocupar o posto de primeiro ministro de Nova Zelandia (1925-1928), polo Partido Reformista.
Coates criouse nunha granxa, da que se tivo que facer cargo desde rapaz, pola doenza mental do seu pai. Logo dedicouse á política e converteuse en deputado en 1911, centrándose en cuestións agrarias, como candidato independente. Tras un distinguido servizo durante a primeira guerra mundial, foi nomeado ministro de Xustiza e director xeral de Correos no Goberno reformista de William Massey (1919); tamén foi ministro de Obras Públicas (1920-1926) e de Asuntos Indíxenas (1921-1928) e converteuse en primeiro ministro en 1925, á morte de Massey.
Derrotado nas eleccións de 1928, Coates volveu ao Goberno en 1931 como figura clave do Goberno de coalición de George Forbes. Nomeado ministro de Obras Públicas (1931-1933) e de Finanzas (1933-1935), aplicou políticas rigorosas para combater a depresión económica dos anos trinta. A partir de 1940 formou parte da Administración de guerra de Peter Fraser, e foi ministro das Forzas Armadas e Coordinación da Guerra ata a súa morte.
Vida persoal miniatura|290x290px|esquerda|Edward e Eleanor Coates coa súa familia en Ruatuna."Ruatuna - Coates family home, near Hukatere". Aucklandmuseum.com
Gordon Coates naceu na granxa familiar chamada Ruatuna,"Ruatuna". En New Zealand Heritage List/Rārangi Kōrero. Heritage New Zealand. en Hukatereo, no porto de Kaipara, rexión de Northland. Era fillo de Edward, inmigrante procedente da baixa nobreza inglesa, e de Eleanor Coates, inmigrante irlandesa. Na granxa familiar, os seus pais dedicábanse á cría de gando ovino e vacún.Bassett, M. (1995). Páxinas 14-15. Viuse obrigado a asumir importantes responsabilidades na granxa a unha curta idade, xunto co seu irmán Rodney, debido ao trastorno bipolar que padecía o seu pai."Coates, Joseph Gordon. Biography". Dictionary of New Zealand Biography (Teara.govt.nz).
Recibiu unha educación básica nunha escola local, e a súa nai, moi instruída, tamén foi a súa titora. Malia ser un consumado xinete, un accidente de cabalo deixoulle unha perna deteriorada para o resto da súa vida. A numerosa poboación maorí da zona onde se criou fixo que Coates aprendese a falar algo de maorí e entendese moito máis. Tivo dous fillos cunha muller maorí antes do seu matrimonio, e chegou a comprometerse coa profesora Eva Ingall, aínda que o pai desta prohibiu o matrimonio alegando a doenza do pai de Coates, ante o temor de que fose hereditaria. Finalmente, o 4 de agosto de 1914 casou con Marguerite Grace Coles, máis coñecida como Marjorie Grace Coles, con quen tivo cinco fillas.
Na súa derradeira etapa, a súa saúde comezou a resentirse, por mor do esgotamento acumulado pola súa carreira política, os problemas cardíacos que arrastraba e o seu tabaquismo prolongado. O 27 de maio de 1943 morreu de súpeto no seu despacho de Wellington. O Partido Laborista dedicoulle daquela máis eloxios que os seus colegas do Partido Nacional, aínda que políticos de todos os partidos lle renderon tributo.
Traxectoria política
Inicios na política En tanto que se dedicaba á agricultura, Coates comezou a participar activamente en diversas organizacións agrarias. A súa primeira participación en política foi no Consello do Condado de Otamatea, para o que foi elixido en 1905, e posteriormente foi o seu presidente de 1913 a 1916. Anteriormente xa se distinguira como comandante do corpo de Voluntarios de Fusileiros Montados de Otamatea, e gozaba dunha boa reputación local. Nas eleccións parlamentarias de 1911, ás que se presentou como candidato independente, Coates gañou o escano de Kaipara. No Parlamento aliñouse co Partido Liberal e votou xeralmente en harmonía con este grupo, que permitiu a Joseph Ward conservar o seu posto de primeiro ministro.Bassett, M.(1982). Páxina 5.
Así e todo, pouco a pouco foise distanciando do Partido Liberal, principalmente pola súa firme crenza na propiedade absoluta dos agricultores, á que os liberais se opuñan en xeral. Coates desenvolvera esta crenza pola súa propia experiencia co alugamento na granxa da súa familia. Cando se produciu unha moción de censura en 1912, Coates votou en contra dos liberais, o que axudou a que o Partido Reformista pasase da oposición ao poder.Bassett, M.(1982). Páxina 13. En 1914, Coates uniuse xa formalmente ao Reformismo, aínda que non actuaba en política como un membro especialmente partidista, e fixo amizade con políticos de moi distintos matices. As súas actividades políticas centráronse sinaladamente na mellora dos servizos para o distrito de Far North.
miniatura|319x319px|esquerda|O capitán Gordon Coates en 1920."Joseph Gordon Coates". Aucklandmuseum.com
Ao estoupar a primeira guerra mundial, Coates intentou alistarse para o servizo activo, pero o primeiro ministro, William Massey, disuadiuno de facelo, xa que o Partido Reformista só contaba cunha tenue maioría. En novembro de 1916, malia todo, Coates acadou finalmente o permiso para se alistar, e serviu como capitán con gran distinción, gañando unha Cruz Militar e unha barra. Cando regresou a Nova Zelandia, moitos o consideraron un heroe, e o 2 de setembro de 1919 Massey nomeouno Ministro de Xustiza, director xeral de Correos e ministro de Telégrafos. Máis tarde foi ministro de Obras Públicas e de Ferrocarrís."Trainland: How Railways Made Mew Zealand". Victoria University of Wellington (ndhadeliver.natlib.govt.nz). A partir de marzo de 1921, Coates foi ministro de Asuntos Indíxenas, un cargo no que os seus coñecementos sobre os maorís adquiridos na súa infancia e xuventude lle resultaron moi útiles. Fíxose amigo do político de orixe maorí Āpirana Ngata e colaborou con el para axudar a resolver os problemas dos aborixes. Como ministro de Obras Públicas, Coates estableceu o marco regulador para a xeración e a distribución de electricidade. Así mesmo, puxo en marcha varios grandes proxectos hidroeléctricos estatais, como a central de Mangahao, na cordilleira de Tararua, preto de Shannon, inaugurada oficialmente o 3 de novembro de 1924."1924 - key events". Ministry for Culture and Heritage (nzhistory.govt.nz).
Primeiro ministro A prominencia de Coates foi aumentando gradualmente ata o punto de que a xente comezou a velo como o sucesor natural do primeiro ministro Massey. Cando Massey morreu, o 10 de maio de 1925, Francis Bell converteuse en primeiro ministro interino en tanto que o Partido Reformista tomaba unha decisión sobre o seu liderado a longo prazo, e o 27 de maio Coates resultou elixido líder do Partido Reformista, tras derrotar a William Nosworthy nunha votación.Bassett, M. (1995). Páxina 92. Bell, de 74 anos, dimitiu o 30 de maio para deixar paso a Coates, de 47 anos, que pasou a ser o novo primeiro ministro.
Os directivos do Partido Liberal reuníronse con Coates en xuño de 1925 para discutir acerca da fusión de ambos os partidos e así fortalecer a súa posición fronte ao Partido Laborista. A idea non entusiasmou a Coates, nin tampouco a Bell nin a ningún outro deputado reformista de idade avanzada, e a proposta foi rexeitada pensando que o Reformismo gañaría as eleccións por si mesmo.Bassett, M. (1995). Páxina 95. Coates decidiu non facer cambio ningún no gabinete antes das eleccións. Durante o seu mandato reduciuse o imposto sobre a terra e tamén o tipo máximo do imposto sobre a renda; tamén se crearon disposicións para o benestar infantil, como un sistema de tribunais de menores, e a supervisión estatal para a manutención de cativos delincuentes, abandonados e ilexítimos.Farland, B. (1995). Páxina 50.
miniatura|329x329px|Gordon Coates en 1926, cando era primeiro ministro."Gordon Coates". Aucklandmuseum.com
O organizador da campaña do Partido Reformista de 1925, Albert Davy, fixo de Coates e a súa personalidade o centro da campaña. Sendo aínda relativamente novo e nado en Nova Zelandia, Coates era visto como unha especie de novidade política que de por si espertaba o interese da poboación.Bassett, M.(1982). Páxinas 34-35. Os slogans dos Reformistas tamén xiraban en torno ao seu líder, como «Coates e a confianza» ou «Coates e as certezas», que se anunciaban redundantemente nos xornais para transmitir seguridade e decisión.Bassett, M. (1995). Páxina 100. Persoalmente, Coates non estaba ideoloxicamente comprometido con ningunha filosofía política nin económica en particular, senón que destacaba máis polo seu sentido común e o seu pragmatismo. En consecuencia, cando se publicou o manifesto dos Reformistas o 2 de outubro, este era pouco detallado e falaba principalmente de sentimentos xerais, con promesas de estabilidade gobernamental, seguridade económica, igualdade de oportunidades e o papel de Nova Zelandia na defensa imperial. Tamén incluía o compromiso de completar todas as obras públicas en curso e reducir gradualmente o endebedamento exterior. Nesta época fíxose moi popular o slogan «Máis negocios no Goberno, menos Goberno nos negocios», do presidente estadounidense Calvin Coolidge.
Coates atraeu grandes multitudes durante a súa campaña electoral, realizando unha xira de discursos. Estes discursos eran amplos en sentimentos e lixeiros en detalles. Na maioría falaba da necesidade dun «Goberno forte e estable» coa intención de «gobernar para todos», ao tempo que cualificaba as súas propias opinións de «liberais e progresistas».Bassett, M. (1995). Páxina 101. Este último punto foi discutido como atípico do Partido Reformista, formado na súa maioría por conservadores sociais e fiscais. Durante a campaña, un dos ministros de Coates, James Parr, díxolle a unha multitude en Auckland que Coates «non era un conservador [...] procedía do pobo e estaba a favor do pobo; defendía en todo momento a xustiza para todos os sectores da comunidade».Bassett, M. (1995). Páxina 102. Defendeu a política de propiedade absoluta da terra fronte aos ataques do Partido Laborista e mesmo prometeu introducir un plan de seguro contributivo para financiar os pagamentos aos discapacitados e aos desempregados. O Reformismo acadou unha vitoria moi ampla, co 47 % dos votos e 55 dos 80 escanos.Bassett, M.(1982). Páxina 35.
A magnitude da súa vitoria converteríase máis tarde nunha dificultade propia, xa que a Coates lle resultou difícil estar á altura das grandes expectativas postas nel. Isto viuse case inmediatamente despois das eleccións cando, en contra da firmeza prometida na campaña, Coates vacilou canto á remodelación do seu gabinete. Como home un tanto sentimental, acabou revelando que mantería á maior parte do gabinete de Massey con algunhas incorporacións, o que ampliaba o gabinete a 13 membros. A remodelación non se completou ata abril de 1926, cando Parr foi enviado a Londres como novo Alto Comisionado para o Reino Unido. Coates estaba a perder a súa reputación de firmeza.Bassett, M. (1995). Páxinas 104-105. Inseguro sobre como tirar proveito da súa vitoria electoral, Coates creara un novo Departamento do Primeiro Ministro, co seu secretario privado Frank David Thomson como xefe, para proporcionar unha «maior eficiencia no tratamento dos asuntos oficiais».Bassett, M. (1995). Páxina 106. A marcha de Parr desencadeou unhas eleccións parciais para o seu escano por Eden, cuxos resultados foron negativos para os Reformistas, xa que os seus votos se dividiron entre o candidato oficial e un reformista independente, o que permitiu que os laboristas gañasen o escano. Só cinco meses despois do esmagador resultado do Reformismo nas eleccións xerais, produciuse unha enorme viraxe electoral. Coates parecía incapaz de impor a orde no seu partido, unha característica pola que Massey sempre destacara.Bassett, M.(1982). Páxinas 36-37.